Leo Jiménez
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Juan Daniel Jiménez González 17 de agosto de 1979 (45 anos) Fuenlabrada, España Fuenlabrada, España |
Actividade | |
Ocupación | Músico, cantante, compositor, actor |
Período de actividade | 1998 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Metal progresivo Metal sinfónico Metal gótico Heavy metal Power metal Thrash metal Death metal |
Instrumento | Voz e guitarra |
Sitio web | leojimenez.net |
Juan Daniel Jiménez González, nado en Fuenlabrada (Madrid) o 17 de agosto de 1979, de nome artístico Leo Jiménez, é un cantante, compositor, guitarrista, actor e produtor español. Deuse a coñecer por ser o vocalista de Saratoga de 1999 a 2006. Foi vocalista de Krysalida (1994-1997), Al Borde (1998), Saratoga (1999-2006), Stravaganzza (2004-2010 e 2017-presente) e Supra (2012). Desde 2009 compaxina Stravaganzza e Supra coa súa carreira en solitario ou con outros músicos, segundo gravación de disco ou xira, e co seu nome (Leo Jiménez) ou cun nome artístico para a súa banda (LEO:037).
Foi vocalista de Saratoga e cantante e guitarrista de Stravaganzza. Tamén foi líder, cantante e guitarrista de LEO:037 até a súa marcha en 2012, cando o grupo pasou a chamarse Zero3iete.
Participou na ópera rock Xesucristo Superstar desde 2010, en que interpretou o personaxe de Xesucristo. En 2017 fixo dúas novas actuacións cunha orquestra sinfónica dirixida por Pepe Herrero.
O salto profesional: Saratoga
[editar | editar a fonte]Tras formar parte da banda Krysalida, Azabel ou Al Borde (coa que gravou o que foi o seu primeiro disco de estudo), Leo converteuse no vocalista de Saratoga. O novo ar que este —xunto con Dani Pérez (batería)— imprimiu á formación, levou a Saratoga e so propio Leo á primeira liña do heavy metal español.
Tras editaren Vientos de guerra, Saratoga logrou quizá o seu máximo co álbum Agotarás. Temas como «Las puertas del cielo», «A morir» ou «Resurrección» convertéronse en clásicos da banda e puxeron de manifesto a forza da voz de Leo. Tras Agotarás chegaron El clan de la lucha, a versión inglesa deste (The Fighting Clan) e Tierra de lobos, amais de dous DVD (un deles DVD de ouro: 1992-2004).
En outubro de 2006 publicouse na páxina web de Saratoga o abandono de Leo. Alegábase un «cambio de ciclo» como motivo da súa decisión para dedicarse por completo a Stravaganzza.
Stravaganzza e LEO:037
[editar | editar a fonte]O cambio de estilo de metal foi tamén un cambio en relación coa súa voz. O de Stravaganzza é un estilo máis intimista, escuro e romántico, mais de menor proxección có de Saratoga. Nesta banda, Leo optou mesmo por tons guturais. De feito, o rexistro da súa voz convérteo nun contratenor. Tamén participa como guitarrista en Supra, unha banda de death metal, coa que editou un disco en 2009.
Ese mesmo ano, amais, sacou Títere con cabeza, o seu primeiro disco en solitario coa súa banda, LEO:037. Forman parte do proxecto IX Valeri (guitarrista de Ángeles del Infierno e Infernoise), Marcos Miranda e Carlos Expósito. Este novo disco significa unha chiscadela ao seu pasado con Saratoga. De feito, o seu ex compañeiro de Saratoga Jero Ramiro colaborou neste traballo. Tamén participan no proxecto Jorge Salán, Pepe Herrero e Óscar "Tanke" Ruiz como compositor (letra e música) e colaboración vocal na canción «El tiempo curará».
Leo interpretou o papel de Jesús na ópera rock Jesucristo Superstar en 2010, con representacións que tiveron lugar no Palau de la Música de Valencia.[1]
En 2011, ademais, publicou un novo disco con LEO:037, Los fuertes sobreviven.
O 10 de abril de 2012 anunciou que abandonaba LEO:037 para recuperar a súa idea dun grupo en solitario e utilizar o nome Leo Jiménez nos seus futuros proxectos.[2] A banda LEO:037 seguiu cun novo cantante co nome Zero3iete.[3] O 13 de abril confirmouse que o novo cantante sería Andrés Martínez, vocalista do grupo Headon.[4]
Leo Jiménez (proxecto en solitario)
[editar | editar a fonte]O 17 de xullo de 2012 anunciou na súa nova web oficial unha rolda de prensa en que presentou os seus futuros proxectos e o seu novo videoclip, Tu destino.[5] O 22 de outubro publicouse na web oficial que asinou con Warner Music para a gravación do seu novo disco, Animal solitario. Tras o éxito do primeiro vídeo, o 18 de novembro anunciouse a rodaxe do segundo vídeo na sala El Grito de Fuenlabrada, en que convidou o público a ser parte deste. O 18 de decembro publicouse o segundo vídeo, «Desde niño», e a data de saída á venda de Animal solitario, o 29 de xaneiro de 2013.
En 2016 asinou con Rock Estatal Records para presentar o disco La factoría del contraste. O traballo reúne os estilos polos que o artista pasou durante a súa carreira: o heavy metal de Saratoga e Stravaganzza, o death metal de Supra e o hard-rock de 037, amais de versións vocais de artistas doutros xéneros e outros traballos paralelos, como Jesucristo Superstar.[6]
Discografía
[editar | editar a fonte]Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Con Krysalida
[editar | editar a fonte]- Demo (1994 - 1997)
Con Al Borde
[editar | editar a fonte]- Al Borde (1998)
Con Saratoga
[editar | editar a fonte]- Vientos de guerra (1999)
- Tiempos de directo (2000)
- Agotarás (2002)
- Heaven's Gate (2003)
- A morir (2003)
- El clan de la lucha (2004)
- Saratoga 1992-2004 (2004)
- Tierra de lobos (2005)
- The fighting clan (2006)
Con Stravaganzza
[editar | editar a fonte]- Primer acto (álbum) (2004)
- Sentimientos (Segundo Acto) (2005)
- Hijo del miedo (EP) (2006)
- Tercer acto: Réquiem (álbum) (2007)
- Raíces (cuarto acto) (álbum) (2010)
- La Noche del Fénix (álbum en directo) (2020)
Con Supra
[editar | editar a fonte]- Desde dentro del agujero (2012)
Con LEO:037
[editar | editar a fonte]- Títere con cabeza (2009)
- Los fuertes sobreviven (2011)
- En Directo Madrid - 03/03/12 (DVD) (2022)
En solitario
[editar | editar a fonte]- Animal solitario (2013)
- 20 años tras el apocalipsis (2015)
- La factoría del contraste (2016)
- Mesías (2019)
- La factoría del contraste ReMasterizada (2021)
Colaboracións
[editar | editar a fonte]- Dark Moor - Shadowland - 1999 (Coros)
- Las Ruinas del Edén (Acto II) (El ángel caído, Avalanch) (2001)
- No me rindo (Siente la fuerza, Metal Mareny) (2005)
- La cantata del diablo (Gaia II: La voz dormida, Mägo de Oz) (2005)
- No me digas adiós (El cementerio de los versos perdidos, Txus di Fellatio), Mägo de Oz) (2006)
- No dudes, (Espejismos, Nocturnia) (2007)
- Entre el odio y la pasión (Domine, Dragonfly) (2006)
- Guárdame en ti (Domine, Dragonfly) (2006)
- Y serás canción (Y serás canción, Big Simon Band, homenaxe a Big Simón)
- Edgar Allan Poe - Legado de una tragedia (2008), ópera rock en que é o protagonista
- Un final sin destino (Deshumanización [Cuernos De Chivo]) (2009)
- Sol navajo (Sol Navajo [Paco Ventura]) (2009)
- Junio Del 44 (Santelmo [Santelmo]) (2010)
- Atlantia (Gaia III: Atlantia, Mägo de Oz) (2010)
- Esperando por ti (Desprendimiento De Rutina, Trival) (2011)
- Palabras De Libertad (30 Años Y La Historia Continua DVD Medina Azahara) (2011)
- Yo no sé (El cielo esta roto,[La vecina del sexto]) (2012)
- Amor y lujuria (Lujuria [Sexurrección]) (2012)
- Fiesta pagana 2.0 (Celtic Land Mägo de Oz) (2013)
- Desde mi cielo (Celtic Land Mägo de Oz) (2013)
- Desde mi cielo-versión dueto con Zeta (Celtic Land Mägo de Oz) (2013)
- No te vayas (Lo que vendrá [Gema Hernández]) (2013)
- Legado de una Tragedia II (Opera Rock) (2014)
- Fugaz la madrugada (El origen de todas las tormentas) [La ley de Mantua]
- Mala vida (Una moneda al aire) [Titular Mads] (2014)
- Mi otra cara (Mi otra cara) [Fiebre] (2014)
- Desátame, (dúo con Mónica Naranjo en su gira «4.0») (2014)
- Obsolete (Ambivalence: A Threat To The I) [Cardinal] (2015)
- La cruz de Santiago (Mägo de Oz: Finisterra Opera Rock) (2015)
- Astaroth (Mägo de Oz: Finisterra Opera Rock) (2015)
- Finisterra (Mägo de Oz: Finisterra Opera Rock) (2015)
- Legado de una tragedia III (ópera Rock) (Edgar Allan Poe) (2016)
- Ódiame (Live Session Anti Studio) (2016)
- Miénteme (Live Session Anti Studio) (2016)
- Las Ruinas del Edén (Acto II) (El ángel caído XV aniversario, Avalanch All Star Band) (2017)
- Recto Hasta El Amanecer (Debler: Adictium) (2019)
En videoclips
[editar | editar a fonte]- Se acabaron las lágrimas (Huecco)
- La posada de los muertos (Mägo de Oz)
- La novia zombi (Cuernos de chivo)
- Fiesta Pagana 2.0 (Mägo de Oz)
- Mala vida ([Titular Mads])
- Y serás canción (Para Big Simon)
- Mi otra cara (Fiebre)
- Afrodissia (Debler)
Produtor de discos
[editar | editar a fonte]- Discípulos de Salieri - Identidad (2008)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El musical Jesucristo Superstar, en Valencia y con valencianos". Las Provincias (en castelán) (Valencia). EFE. 28 de abril de 2010. Consultado o 14 de marzo de 2023.
- ↑ "Leo Jiménez explica su marcha de 037". Hellpress (en castelán). 17 de abril de 2012. Consultado o 14 de marzo de 2023.
- ↑ "Zero3siete - Un Mundo al Revés (2015)". Dioses del Metal (en castelán). Consultado o 14 de marzo de 2023.
- ↑ Reina, Francisco (13 de abril de 2012). "Leo Jiménez abandona 037, quienes ya tienen nuevo vocalista". Miusyk.com (en castelán). Consultado o 14 de marzo de 2023.
- ↑ Collados, David (20 de xullo de 2012). "PRESENTACIÓN VIDEO – LEO JIMÉNEZ – Martes 17 de julio". RafaBasa.com (en castelán). Consultado o 15 de marzo de 2023.
- ↑ Eli, Jesús. "Leo Jimenez - La Factoria del Contraste (2016)". Made in Metal (en castelán). Consultado o 16 de marzo de 2023.