Leonor Andrade
Nome orixinal | (pt) Leonor Margarida Coelho Andrade |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 13 de setembro de 1994 (30 anos) Barreiro, Portugal |
Actividade | |
Ocupación | cantante, actriz, actriz de cinema |
Período de actividade | 2014 - |
Xénero artístico | Música pop |
Instrumento | Piano e voz |
Participou en | |
23 de maio de 2015 | Festival de Eurovisión 2015 |
Leonor Andrade, nada en Barreiro o 13 de setembro de 1994, tamén coñecida como Ella Nor, é unha cantante e actriz portuguesa. Representou a Portugal no Festival de Eurovisión 2015 coa canción "Há um mar que nos separa".
Traxectoria
[editar | editar a fonte]2014: The Voice Portugal e Água de Mar
[editar | editar a fonte]En 2014 Leonor participou na segunda tempada de The Voice Portugal, onde foi eliminada no 13º programa.[1] Após The Voice, uniuse ao elenco da telenovela da RTP Água de Mar onde ficou as dúas tempadas finais co rol de Joana.[2]
2015-16: Festival de Eurovisión e Setembro
[editar | editar a fonte]O 19 de febreiro de 2015, Leonor foi anunciada como unha dos doce participantes do Festival da Canção 2015 coa canción "Há um mar que nos separa".[3] O 7 de marzo de 2015, gañou a competición e foi seleccionada para representar a Portugal no Festival de Eurovisión 2015.[4][5]
Lamentábelmente, o 21 de maio do 2015, na segunda semifinal do Festival de Eurovisión 2015, Leonor quedou ás portas da final, rematando nun 14º posto con 19 puntos, a tan só catro postos para poder entrar.
Após o seu paso eurovisivo, Leonor lanzou o seu primeiro sinxelo, "Já conheci" do seu álbum debut que tería prevista a súa saída entre setembro e outubro do 2015, aínda que non foi até abril de 2016 cando anunciouse a súa saída, segundo afirmou nunha entrevista na SIC Radical, na que tamén anunciou un hiatus na súa carreira como actriz, adicandose totalmente de mentres na súa carreira musical.[6]
O 5 de outubro anunciou vía Twitter que unha nova canción chamada "Strong for Too Long" formará parte da banda sonora da telenovela da TVI Santa Bárbara.[7] Mais non é até o 23 de outubro cando a canción chega ás plataformas dixitais iTunes, Google Play, Spotify, MEO music entre outras.[8] O día após o seu lanzamento, a canción chega á 7ª posición do iTunes de Portugal.[9]
O 27 de abril de 2016, Leonor, lanza a imaxe da portada polas redes sociais Instagram, Twitter e Facebook, confirmando o nome do álbum (Setembro) e que o lanzamento do álbum anunciaríase nos vindeiros días.[10] Finalmente a data do lanzamento foi anunciada para o 13 de maio de 2016. A canción "Não dá mais" foi a única dispoñíbel para mercar na pre-venda no iTunes e conseguiu en dous días chegar ao posto 22 do iTunes Portugal.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Series de televisión
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Rol |
---|---|---|
2014 | Água de Mar | Joana Luz (Tempada 2-3) |
Outras aparicións na televisión
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Detalles |
---|---|---|
2014 | The Voice Portugal | Eliminada no 13º programa do equipo do Anselmo Ralph. |
2015 | Festival de Eurovisión 2015 | Representa a Portugal coa canción "Há um mar que nos separa". |
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Título | Detalles do álbum | Posición nas listas | Certificación |
---|---|---|---|
POR | |||
Setembro |
|
Sinxelos
[editar | editar a fonte]Como Leonor Andrade
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Álbum | Posición nas listas | |
---|---|---|---|---|
POR |
LUX | |||
2015 | Há um mar que nos separa | — | ||
Já Conheci | ||||
Strong for Too Long |
Como Ella Nor
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Álbum | Posición nas listas | |
---|---|---|---|---|
POR |
LUX | |||
2017 | Não | — |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Voice Portugal - Leonor Andrade". RTP. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2015. Consultado o 8 de marzo de 2015.
- ↑ "Concorrentes de "The Voice Portugal" juntam-se ao elenco de "Água de Mar"". SAPO (en Portuguese). Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 8 de marzo de 2015.
- ↑ Victor M. Escudero. "Meet the participants of Portugal". European Broadcasting Union. Consultado o 8 de marzo de 2015.
- ↑ Victor M. Escudero. "Leonor Andrade to represent Portugal in Vienna". European Broadcasting Union. Consultado o 8 de marzo de 2015.
- ↑ Granger, Anthony (7 de marzo de 2015). "Portugal: Leonor Andrade has won". eurovoix.com. Eurovoix. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2015. Consultado o 8 de marzo de 2015.
- ↑ "SIC Radical - CC-All Stars - Leonor Andrade". Consultado o 29 de xuño de 2015.
- ↑ ""Strong for too long" na nova novela da TVI, Santa Barbara, espero que gostem!". Consultado o 24 de outubro de 2015.
- ↑ "Malta, o meu single "Strong for too long" já está disponivel, agarrem o vosso!! ❤❤❤". Consultado o 24 de outubro de 2015.
- ↑ "Leonor Andrade no top 10 _Strong for Too Long"
- ↑ "Depois de muito tempo de reflexão,ficou decidida a capa do meu primeiro álbum Team SETEMBRO espero que gostem ❤️". Consultado o 27 de abril de 2016.
Predecesor: "Quero ser tua" Suzy |
Portugal no Festival de Eurovisión 2015 |
Sucesor: "Amar pelos Dois" Salvador Sobral |