Lepus (subxénero)
Lepus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lepus arcticus | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||
Lepus timidus | |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
|
Lepus é un subxénero de mamíferos lagomorfos da familia dos lepóridos pertencente ao xénero homónimo Lepus, que comprende tres especies de lebres.
Características
[editar | editar a fonte]As tres especies incluídas no subxénero caracterízanse polo seu tamaño grande (duns 60 cm de lonxitude e 5 kg de peso de media), a súa constitución repoluda, con patas curtas e cubertas con pelo incluso nas plantas do pé e provistas de uñas fortes, orellas pequenas e curtas, pero, sobre todo, pola característica de teneren dúas pelaxes, unha branca en inverno (coa punta das orellas e da cola negra), e outra de verán, de cor parda.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O subxénero foi descrito por Linneo en 1758,[1][2] na páxina 57 do volume 1º do seu Systema Naturae.[1]
Especies
[editar | editar a fonte]Neste subxénero recoñécense na actualidade as tres especies seguintes:[1][2]
- Subxénero Lepus Linnaeus, 1758
- Lepus arcticus Ross, 1819 – Lebre ártica ou lebre do Ártico
- Lepus othus Merriam, 1900 – Lebre de Alasca ou lebre de Bering
- Lepus timidus Linnaeus, 1758 – Lebre de montaña ou lebre de Eurasia
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Lepus Linnaeus, 1758 en MSW.
- ↑ 2,0 2,1 Lepus (Lepus) Linnaeus, 1758 no ITIS.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lepus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Walker, E. (1975): Mammals of the World. 2 Vols. Sixth edition. Baltimore, Maryland, USA e Londres Reino Unido: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.