Liberdade de prensa
Aparencia
A liberdade de prensa é a liberdade ou a inmunidade dos medios de comunicación para publicar ou espallar información, xa sexa mediante a impresión, emisión ou publicación electrónica, sen ningún tipo de control gobernamental ou censura. Aínda que a liberdade de prensa é a ausencia da influencia estatal, ela pode ser garantida polo goberno a través da lexislación.
Tamén é un dos principios fundamentais da maioría dos sistemas democráticos do mundo e está baseado na liberdade de opinión e a liberdade de expresión.
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou en 1993 o día 3 de maio como o Día Mundial da Liberdade de Prensa [1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Día Mundial de la Libertad de Prensa" (en castelán). Consultado o 2022-11-23.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Risorse Etiche Arquivado 02 de abril de 2019 en Wayback Machine. Recolle e traduce os artigos de xornalistas independentes. (en inglés)
- Comité de Reporteiros para a Liberdade da Prensa (en inglés)
- Medios axudando a Medios Unha área de discusión sobre medios independentes en transición e nacións posconflito.
- Intercambio Internacional pola Liberdade de Expresión - Monitoriza o estado da liberdade de prensa en todo o mundo. (en inglés)
- Internationale Medienhilfe (IMH) (en alemán)
- Reporteiros sen Fronteiras (en inglés)