Libra sursudanesa
Libra sursudanesa | |
---|---|
South Sudanese Pound | |
Código: | SSP |
Ámbito: | ![]() |
Símbolo: | |
Fracción: | 100 piastras |
Moedas: | 1, 5, 25, 50 piastras |
Billetes: | 1, 5, 10, 25, 50, 100 libras |
Emisor: | Bank of South Sudan |
Taxa de troco: 12-08-2011 | 1 EUR = 1,4249 SSP 1 USD = 1 SSP |
A libra sursudanesa é a moeda oficial do Sudán do Sur. Antes da proclamación oficial da súa independencia o 9 de xullo do 2011, o goberno do Sudán do Sur anunciou o establecemento dunha moeda propia, inicialmente en paridade cambiaria coa libra sudanesa,[1] que se efectuaría unha vez se producira a declaración.[2]
A libra sursudanesa, que se espera substitúa ao dólar estadounidense e ao xilin keniata como unidades monetarias frecuentes no recentemente fundado país, foi lanzada o 18 de xullo e está dividida en 100 piastras sursudanesas.[3]
Moedas e billetes
[editar | editar a fonte]O 18 de xullo do 2011, puxéronse en circulación os primeiros billetes con valor facial expresado na nova unidade monetaria do Sudán do Sur, sendo emitidos en denominacións de 1, 5, 10, 25, 50 e 100 libras sursudanesas. En todas elas aparece o rostro de John Garang, primeiro presidente do Goberno Autónomo do Sudán do Sur no 2005 e que finou meses despois[4].
Aínda se descoñecen as características técnicas e deseños das moedas, aínda que todo apunta a que se acuñarán nun futuro próximo en valores de 1, 5, 25 e 50 piastras.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "South Sudan Pound released July 18". Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2012. Consultado o 12 de agosto de 2011.
- ↑ Southern Sudan to issue new currency when independence declared
- ↑ "North and South Sudan: two new countries, two new currencies". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2011. Consultado o 12 de agosto de 2011.
- ↑ South Sudan pound to be launched next week
- ↑ South Sudan pound to be released by Monday