Lido Pimienta
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1986 (38/39 anos) Barranquilla, Colombia |
Educación | H. B. Beal Secondary School |
Actividade | |
Ocupación | cantante, produtora musical |
Período de actividade | 2010 - |
Instrumento | Voz |
Premios | |
| |
Sitio web | lidopimienta.com |
Lido Pimienta, nada en Barranquilla en 1986 é unha cantante e compositora colombiana canadense.[1] Acadou recoñecemento tralo seu álbum de 2016 La Papessa, co cal gañou o Premio Polaris no ano 2017.[2] A súa música mestura unha gran variedade de elementos, incluíndo estilos musicais indíxenas e afrocolombianos, xunto con synthpop e música electrónica.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Originaria de Barranquilla, Colombia,[4] Lido trasladouse ao Canadá, mudándose a London, Ontario[5] antes de trasladarse definitivamente a Toronto, onde vive no presente.[4] O seu pai faleceu cando ela tiña só seis anos.[5]
Carreira
[editar | editar a fonte]Pimienta lanzou o seu primeiro álbum, Color, en 2010.[6] O disco foi producido por Michael Ramey, o daquela esposo de Pimienta[7] e foi publicado pola discográfica estadounidense KUDETA.[7] Trala separación da parella, Pimienta cursou estudos en crítica de arte, ademais de prepararse en produción musical antes de lanzar o seu segundo álbum, La Papessa en 2016.[3] Ese mesmo ano colaborou co dúo de música electrónica A Tribe Called Red en varias cancións do álbum We Are the Halluci Nation.[8]
Tralo lanzamento de La Papessa, producido pola propia Lido Pimienta, gañou o premio de 50 mil dólares nos Premios Polaris 2017,[2] un dos galardóns máis importantes na industria musical canadense.[5] O xornal The Globe and Mail referiuse a Lido como "o futuro do rock and roll canadense" e nomeouna "a artista do ano".[5]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Pimienta identifícase como queer.[9] Ten ascendencia afrocolombiana e wayuu.[3] É nai solteira.[5]
Discografía
[editar | editar a fonte]- Color (2010)
- La Papessa (2016)
- Miss Colombia (2020)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "How Lido Pimienta found freedom in music". Q, 2 de febreiro de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 "Lido Pimienta Wins 2017 Polaris Music Prize", Exclaim!, 18 de setembro de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Meet Lido Pimienta, The Art Pop Warrior of the Latinx Underground". The Fader, 31 de outubro de 2016.
- ↑ 4,0 4,1 "Lido Pimienta Takes Control". Noisey, 21 de marzo de 2014.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 "The Globe’s artist of the year: Lido Pimienta". Consultado o 12 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Lido Pimienta en su exploración de género, raza, maternidad e inmigración". Univisión, 5 de novembro de 2016.
- ↑ 7,0 7,1 "Lido Pimienta is done with your ideas of “world music”" Arquivado 07 de maio de 2018 en Wayback Machine.. Chart Attack, 29 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Innovative DJ trio willing to stand up; A Tribe Called Red's new album described as a 'lightning rod'". Montreal Gazette, 15 de decembro de 2016.
- ↑ "What It’s Like to be Queer and Latinx During Pride" Arquivado 22 de abril de 2021 en Wayback Machine.. Torontoist, 30 de xulo de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)