Liga ASOBAL 2019/20
Tipo | Liga ASOBAL |
---|---|
Deporte | balonmán |
Organizador | ASOBAL |
Número de participantes | 16 |
Localización e Datas | |
País | España |
Período de tempo | tempada 2019-2020 |
Intervalo de tempo | 7 de setembro de 2019 – |
Número de edición | 67 |
Datos estatísticos | |
Partidos | 240 |
A Liga Sacyr Asobal 2019/20 foi a 69ª edición da máxima categoría do balonmán español masculino, a 30ª coa denominación de Liga Asobal.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]A tempada deuse por finalizada en maio de 2020, despois de que se disputaran só 19 xornadas das 30 previstas debido á pandemia de coronavirus de 2020, que mantivo a tempada parada desde febreiro.
A ASOBAL decidiu darlle o título de campión ao FC Barcelona, sendo este o seu décimo título consecutivo,[1] así como unha praza para a Liga de Campións da EHF da seguinte tempada. Ademais, Ademar León, Bidasoa Irún e BM Benidorm, este último como subcampión da Copa do Rei, foron os clasificados para a seguinte edición da Copa EHF. O Bidasoa Irún clasificouse para a competición europea por ser terceiro ao final da primeira volta, así como o Ademar por ser segundo ao final da mesma, xa que no momento do peche da competición o club vasco ía cuarto.[2]
A tempada concluíu sen descensos, polo que os dous últimos clasificados no momento en que se cancelou a competición, BM Huesca e BM Cangas, permaneceron na categoría.[3] Por último, decretouse o ascenso dos dous primeiros clasificados da División de Honra Prata, ascendendo a ASOBAL o BM Cisne de Pontevedra, que debutará na máxima categoría,[4] e o BM Villa de Aranda.
Equipos
[editar | editar a fonte]Clasificación
[editar | editar a fonte]Pos | Equipo | JX | G | E | P | GF | GC | Dif | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | FC Barcelona (C) | 19 | 19 | 0 | 0 | 730 | 472 | +258 | 38 |
2 | ABANCA Ademar León | 19 | 16 | 1 | 2 | 560 | 499 | +61 | 33 |
3 | BM Logroño La Rioja | 19 | 15 | 0 | 4 | 596 | 523 | +73 | 30 |
4 | Bidasoa Irún | 19 | 12 | 3 | 4 | 523 | 478 | +45 | 27 |
5 | Liberbank Cuenca | 19 | 11 | 1 | 7 | 520 | 489 | +31 | 23 |
6 | Fraikin BM Granollers | 19 | 10 | 1 | 8 | 547 | 534 | +13 | 21 |
7 | Quabit Guadalajara | 19 | 5 | 6 | 8 | 482 | 505 | -23 | 16 |
8 | Angel Ximénez Avia Puente Genil | 19 | 7 | 1 | 11 | 527 | 557 | -30 | 15 |
9 | Viveros Herol Balonmano Nava (A) | 19 | 5 | 4 | 10 | 465 | 491 | -26 | 14 |
10 | Recoletas Atlético Valladolid | 19 | 7 | 0 | 12 | 523 | 553 | -30 | 14 |
11 | Fertiberia Puerto Sagunto (A) | 19 | 5 | 4 | 10 | 504 | 573 | -69 | 14 |
12 | BM Benidorm | 19 | 6 | 2 | 11 | 487 | 532 | -45 | 14 |
13 | Helvetia Anaitasuna | 19 | 6 | 1 | 12 | 517 | 565 | -48 | 13 |
14 | Liberbank Cantabria Sinfín | 19 | 6 | 1 | 12 | 466 | 528 | -62 | 13 |
15 | Bada Huesca | 19 | 5 | 1 | 13 | 480 | 527 | -47 | 11 |
16 | Frigoríficos do Morrazo BM Cangas | 19 | 2 | 4 | 13 | 458 | 559 | -101 | 8 |
EHF Champions League | |
EHF European Cup | |
Descenso a División de Honra Prata | |
(C) Campión | |
(A) Ascendidos na tempada 2018/19 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El Barcelona gana su décima Liga seguida tras ratificarse el final del campeonato". Marca. 4 de maio de 2020. Consultado o 5 de maio de 2020.
- ↑ "El Bidasoa Irun, de nuevo a Europa". Diario Vasco. 5 de maio de 2020. Consultado o 5 de maio de 2020.
- ↑ "El Bada Huesca seguirá en ASOBAL". Radio Huesca. 25 de abril de 2020. Consultado o 5 de maio de 2020.
- ↑ "El Club Cisne jugará por primera vez en su historia en la Asobal". Marca. 5 de maio de 2020. Consultado o 5 de maio de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web da ASOBAL (en castelán)