Saltar ao contido

Liga Galega de Wáter-polo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaLiga Galega de Wáter-polo
Tipoliga deportiva Editar o valor en Wikidata
Deportewáter-polo Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFederación Galega de Natación Editar o valor en Wikidata
Liga inferiorSegunda División Galega de Wáter-polo Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónGalicia (España) 42°48′N 7°54′O / 42.8, -7.9 Editar o valor en Wikidata
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Vixencia2002 – Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Máis títulosClub Natación A Coruña (8), 2015 Editar o valor en Wikidata

A Liga Galega de Wáter-polo é unha competición de wáter-polo de carácter anual, que se disputa en Galicia e que está regulamentada pola Federación Galega de Natación[1]. Constitúe a quinta categoría estatal e a máxima categoría da Liga Galega de Wáter-polo. O vencedor desta ten dereito a disputar o play-off de ascenso á Terceira división española de wáter-polo.

Tempada 2021/2022

[editar | editar a fonte]

Na tempada 2021-2022 forman a liga sete equipos:

Nome Cidade Fundación
CW Santiago Santiago de Compostela 2004
CW Coruña Rías Altas A Coruña 1933
Club Marina Ferrol 1997[2]
CW Pabellon Ourense Ourense
CW Lugo Lugo
CW Pontevedra Pontevedra
RCN Vigo Vigo

Sistema de competición

[editar | editar a fonte]
Posto Clasificación
Play-off ascenso 2º división
Play-off permanencia

O sistema de competición consta dunha fase regular, onde os cinco equipos enfróntase entre eles por partida dobre, de xeito que cada equipo xoga contra os demais tanto como local coma como visitante. Cada vitoria suma 3 puntos na clasificación. Os empates suman un punto e as derrotas ningún. Ao finalizar os enfrontamentos da liga regular, os catro equipos que máis puntuación acaden disputan un play-off polo título, mediante dúas semifinais e unha final, disputadas a dobre partido. Nas semifinais enfróntanse o primeiro contra o cuarto clasificado, e o segundo contra o terceiro. Os vencedores de cada semifinal enfróntanse entre eles, sendo o gañador desta o que se fai co título de liga.

O gañador do título de liga, á súa vez, gaña o dereito a disputar a fase de ascenso á Terceira División Española de Wáter-polo.

Pola parte baixa da clasificación, o último clasificado xoga outro play-off polo descenso, enfrontándose ao primeiro clasificado da Segunda División. Neste encontro a partido dobre, o gañador acada unha praza na primeira división, ben mantendo a categoría, ben conseguindo o ascenso.

Edicións

[editar | editar a fonte]

O equipo que máis veces conquistou o título da Liga Galega de Wáter-polo foi o Club Natación A Coruña, gañándoa en 7 ocasións consecutivas: dende a primeira edición na tempada 2002/2003 até a tempada 2008/2009. O Club Waterpolo Santiago (3); e o Club Waterpolo Galaico (2), antes coñecido coma Club Natación Pontevedra[3], son os outros dous equipos galegos posuidores do título de liga.


Tempada Campión Subcampión Terceiro Máximo anotador
2015/16
2014/15 A Coruña CN Coruña Pontevedra CW Galaico Santiago de Compostela CW Santiago
2013/14 Pontevedra CW Galaico A Coruña CN Coruña Santiago de Compostela CW Santiago
2012/13 Pontevedra CW Galaico Santiago de Compostela CW Santiago A Coruña CN Coruña
2011/12 Santiago de Compostela CW Santiago Pontevedra CW Galaico A Coruña CN Coruña
2010/11 Santiago de Compostela CW Santiago Pontevedra CW Galaico A Coruña CN Coruña
2009/10 Santiago de Compostela CW Santiago Pontevedra CW Galaico A Coruña CN Coruña
2008/09 A Coruña CN Coruña Santiago de Compostela CW Santiago Pontevedra CW Galaico
2007/08 A Coruña CN Coruña Santiago de Compostela CW Santiago Pontevedra CW Galaico
2006/07 A Coruña CN Coruña Pontevedra CW Galaico Santiago de Compostela CW Santiago
2005/06 A Coruña CN Coruña Santiago de Compostela CW Santiago Pontevedra CW Galaico
2004/05 A Coruña CN Coruña A Coruña CN Coruña Santiago de Compostela CW Santiago
2003/04 A Coruña CN Coruña Pontevedra CW Galaico Santiago de Compostela CW Santiago
2002/03 A Coruña CN Coruña Santiago de Compostela CN Santiago Pontevedra CN Pontevedra

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Desde a tempada 2002/2003, tres foron os vencedores do título de liga:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]