Lights & Motion
Aparencia
Lights & Motion | |
---|---|
Orixe | Gotemburgo, Suecia |
Período | 2012 - presente |
Xénero(s) | post-rock, rock alternativo, ambient, shoegazing, dream pop |
Selo(s) discográfico(s) | Deep Elm Records |
Membros | Christoffer Franzén |
Na rede | |
Lights & Motion é unha banda sueca de post-rock cinematográfico fundada en Gotemburgo en 2012 por Christoffer Franzén. O proxecto xurdiu tras un longo período de insomnio,[1] cando Christoffer decidiu pasar as noites nun estudio compoñendo música.
A banda leva publicados catro álbums de estudio, Reanimation, Save Your Heart, Chronicle e Dear Avalanche, todos eles editados a través do selo independente estadounidense Deep Elm Records.[2] A súa música ten sido usada en varios trailers de películas, anuncios e programas de televisión, aparecendo dende os Oscars ata a Super Bowl. No ano 2015 Apple utilizou a música da banda para a súa campaña global de iTunes "Latest Films. Anywhere, Anytime".
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Reanimation | 2013 | Deep Elm Records |
Save Your Heart | 2013 | Deep Elm Records |
Chronicle | 2015 | Deep Elm Records |
Dear Avalanche | 2017 | Deep Elm Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Stereofox (ed.). "Entrevista a Christoffer Franzen" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2017. Consultado o 25 de febreiro de 2017.
- ↑ Deep Elm Records (ed.). "Lights & Motion en Deep Elm Records". Consultado o 25 de febreiro de 2017.