Lingüística aplicada
Lingüística |
---|
Lingüística teórica |
Gramática descritiva |
Lingüística aplicada |
Artigos relacionados |
A lingüística aplicada é unha póla da lingüística que se ocupa dos problemas que a linguaxe formula como medio de relación social e da cal derivan tres pólas ou campos de acción: a ensinanza da lingua nai, a ensinanza da segunda lingua e maila ensinanza de linguas asistida por computador (Computer-Assisted Language Learning - CALL).
Historia e características
[editar | editar a fonte]Hai multitude de enfoques, de entre os que destacan o enfoque comunicativo, o enfoque baseado en tarefas (TBLT, nas súas siglas inglesas) e mailo enfoque de aprendizaxe cooperativa de linguas. Todos eles baséanse en dúas grandes pólas teóricas: na área da lingüística o Estruturalismo e as correntes de Construtivismo e Cognitivismo na área da educación.
Durante os anos 1950 e 1960 centrouse en erros concretos e na análise contrastiva. Durante os anos 1970, co fracaso deste método de contraste analítico como teoría para predicir erros, a lingüística aplicada comezou a adoptares a teoría de Noam Chomsky acerca da Gramática Universal para explicar o fenómeno da aprendizaxe dunha segunda lingua. Nos anos 1990, un número crecente de investigadores comezou a empregar métodos de estudo baseados na psicoloxía cognoscitiva.
Hoxe en día, este campo de estudo é unha mestura interdisciplinar principalmente de lingüística, antropoloxía, psicoloxía e educación.
A Asociación Internacional de Lingüística Aplicada é un foro que abrangue un amplo espectro de investigadores deste eido.
Algunhas publicacións deste eido inclúen Studies in Second Language Acquisition, Modern Language Review, Language Learning, Applied Linguistics, AILA Journal e mailo TESOL Journal.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Competencia comunicativa
- Dell Hymes
- Ensinanza idiomas
- Total Physical Response
- Lingüística xeral
- Lingüística particular
- Lingüística diacrónica
- Lingüística sincrónica
- Lingüística interna
- Lingüística externa
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- American Association for Applied Linguistics
- Internationale de Linguistique Appliquée
- Association Canadienne de Linguistique Appliquée / Canadian Association of Applied Linguistic
- Center for Applied Linguistics
- Cursos on-line e bosquexos gramaticais de balde de máis de 100 idiomas Arquivado 23 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine.
- Tesol Official Site