Lingua de vaca
- Este artigo trata sobre unha especie de fungo, para a planta "Plantago major", véxase o artigo: Chantaxe maior.
Lingua de vaca | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Hydnum repandum' L., Fr., 1821 |
{{renomear}} A lingua de vaca[1] ou lingua de ovella[2] (Hydnum repandum ) é un cogomelo comestíbel de sabor agre e picante, características que se agudizan na súa madurez. Medra en fragas e bosques mixtos ou de solo acedo, coma os galegos. É común en Galiza. Non é tóxico.
Os nomes vernáculos nas diferentes linguas europeas coinciden co galego, facendo referencia á lingua de diferentes animais: en castelán: lengua de gato, en catalán: llengua de bou; en éuscaro: Tripaki argi; en inglés: sweet tooth; en francés: langue de chat.
Descrición
[editar | editar a fonte]Fungo de chapeu duro, carnoso, de 60 a 140 mm de diámetro, irregular, convexo de novo, chato na madurez, ás veces deprimido, ondulado e lobulado. Ten aspecto crocado, seco e mate. Os exemplares novos son de cor crema-abrancazada, collendo despois unha cor crema amarelenta a ocre pálida e finalmente na madurez unha cor parda arroibada-alaranxada. É de carne mesta, branca, pardo-arroibada coa idade, posúe un cheiro fúnxico e sabor amargo. As esporas son ovoides de 7.9 x 5.7 mm. Son lisas e de cor crema en masa.
Hábitat e fenoloxía
[editar | editar a fonte]Medra a finais do verán e polo outono (o apoxeo en Galiza dáse nos meses de novembro e decembro[3]); en bosques de coníferas e frondosas, preferentemente de solos acedos ou mixtos.
Usos
[editar | editar a fonte]Este cogomelo é comestíbel cando é novo, mais pode resultar amargo dependendo da tempada de colla. Cómpre cociñalo ben, tirando a auga de cocedura para que sexa menos agre e mellorar a dixestión. Adóitanse servir con aceite e vinagre. Poden conxelarse.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome vulgar galego en Glosario de Cogomelos de Galicia - http://www.gastronomiagalega.com/glosario_cogomelos_galicia Arquivado 02 de outubro de 2013 en Wayback Machine.
- ↑ Castro Cerceda, Marisa (2000). Guía dos cogomelos comúns de Galicia. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-8302-542-6.
- ↑ Agrupación Micolóxica de Galicia - http://www.azarrota.org/index.php?option=com_content&task=view&id=62&Itemid=74 Arquivado 02 de outubro de 2013 en Wayback Machine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- F. Calong, (2009) Guía de bolsillo para el buscador de setas Pág:72
- H. DES ABBAYES, M. CHADEFAUD, J. FELDMANN, Y. DE FERRE ,H. GAUSSEN, P. –P. GRASSE, A. R. PRÉVOT, (1989)Botánica: vegetales inferiores, Volumen 1
- http://macrodomo.blogspot.com/2008/01/hydnum-repandum-lengua-de-gato-hedgehog.html
- http://www.botanical-online.com/setas/hydnum_repandum.htm
- http://setas.org/setas-2/comestibles/hydnum-repandum-gamuza-lengua-de-gato/