Chantaxe maior
Chantaxe maior | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
|
A chantaxe maior, correola ou lingua de vaca, Plantago major, é unha especie de planta herbácea natural de toda Europa, Norteamérica, norte de África e Asia occidental onde crece en terreos incultos, baldíos terrapléns e taludes.
Características
[editar | editar a fonte]É unha planta herbácea perenne co talo non ramificado. Alcanza os 3-5 dm de altura. Ten un rizoma curto con moitas pequenas raíces de cor amarela. As follas, algo dentadas, saen dunha roseta basal con 3 a 6 nervacións lonxitudinais que se estreitan e continúan no pecíolo, ten un limbo oval. As flores, de cor verde esbrancuxada, prodúcense en densas espigas cilíndricas que aparecen en maio-outubro. O froito é un pixidio. As sementes son de cor parda.
Propiedades
[editar | editar a fonte]- Contén mucilaxes e ácido silícico que se utiliza como remedio pectoral.
- É diurético, expectorante, emoliente e cicatrizante.
- Utilízase en decocción, xarope ou extracto fluído para combater os catarros, bronquites e asma
- Por vía externa en forma de compresas para tratar queimaduras e úlceras.
- En gargarismo alivia as anxinas.
- En colirios úsase para a conxuntivite e a inflamación das pálpebras.
Ecoloxía
[editar | editar a fonte]Esta especie serve de alimento para as larvas da couza Athetis pallustris.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Plantago media foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 112. 1753.[1]
Plantago: nome xenérico que deriva de plantago = moi principalmente, nome de varias especies do xénero Plantago L. (Plantaginaceae) –relacionado coa palabra latina planta, -ae f. = "planta do pé"; pola forma das follas, segundo din–. Así, Ambrosini (1666) cóntanos: “É chamada Plantago polos autores latinos, vocábulo que toman da planta do pé (a causa da largura das súas follas, que recordan a planta do pé; e así mesmo, porque as follas teñen liñas como feitas con arado, semellantes ás que vemos na planta do pé)”[2]
major: epíteto latino que significa "maior".
Número de cromosomas de Plantago major (Fam. Plantaginaceae) e táxons infraespecíficos: n=6; 2n=12[3]
- Plantago borysthenica Wissjul.
- Plantago dregeana Decne.
- Plantago latifolia Salisb.
- Plantago major fo. scopulorum Fries
- Plantago major var. borysthenica Rogow.
- Plantago officinarum Crantz
- Plantago sinuata Lam.[4]
- Variedades
- Plantago major subsp. major
- Plantago major subsp. intermedia (DC.) Arcang.
- Plantago major subsp. winteri (Wirtg.) W.Ludw.
- Galego: chantage, chantasia, chantaxa, chantaxe, chantaxe maior, chantaxe mayor, chante, chantá, chantán, chinchagem, correola, lengua de boei, lentén, lingua de vaca, llantén, llantén mayor, setecostas, tanchagem-maior, tantage, tantaxe.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Plantago major". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 18 de agosto de 2014.
- ↑ En Flora Vascular
- ↑ Números cromosómicos para la flora española, 141-149. González, F. & S. Silvestre (1980) Lagascalia 9(2): 261-266
- ↑ "Plantago major". Tela Botánica. Consultado o 18 de agosto de 2014.
- ↑ "Plantago major". Real Jardín Botánico: Proxecto Anthos. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2015. Consultado o 18 de agosto de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Chantaxe maior |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Chantaxe maior |
- GRIN taxonomía
- Llantén mayor en Natureduca.