Lingua huilliche
Huilliche Chesungun, chedungun | ||
---|---|---|
Falado en: | Chile | |
Rexións: | En Chile: Rexión de Los Lagos e Rexión de Los Ríos | |
Total de falantes: | Uns poucos anciáns | |
Familia: | Linguas araucanas Huilliche | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | huh
| |
Mapa | ||
Status | ||
O huilliche (tamén soletreado williche, huiliche ou veliche) é unha lingua moribunda pertencente á familia das linguas araucanas. En 1982, era falada por 2 000 membros do pobo huilliche en Chile, mais no 2012 só restaban uns poucos falantes de idade avanzada.[2] É falada nas rexións de Los Lagos e de Los Ríos, nos vales montañosos entre a cidade de Valdivia e o arquipélago de Chiloé no sur.
O huilliche componse de dúas variedades, chamadas huillichesungun e tsesungun polos seus falantes. O huillichesungun é falada en Wequetrumao, na illa de Chiloé, e o tsesungun é falada en Choroy Traiguen, na costa da provincia de Osorno.[3] O huilliche está estreitamente relacionado co mapuche, a lingua do pobo homónimo, aínda que se precisan máis investigacións para determinar o grao de intelixibilidade mutua entre ambos.
Subgrupos dialectais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cladograma mostrando a proximidade do huilliche cos dialectos mapuches (I–VII) baseándose en características compartidas segundo Robert A. Croese. Os subgrupos dialectais están ordenados grosso modo pola súa distribución xeográfica de norte a sur.[4] |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ "Huilliche".
- ↑ Harrison, David K. "Enduring Voices in Chile—January 2011" (PDF).
- ↑ Croese, Robert A. (1985). "21. Mapuche Dialect Survey". En Manelis Klein, Harriet; Stark, Louisa R. South American Indian Languages: Retrospect and Prospect. Austin, Texas: University of Texas Press. pp. 784–801. ISBN 0-292-77592-X.