Saltar ao contido

Lingua navajo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Navajo
Diné bizaad
Falado en: Estados Unidos de América
Rexións: Arizona, Novo México, Utah, Colorado
Total de falantes: 170 000 (2015)[1]
7 600 monolingües
Familia: Linguas na-dené
 Linguas atapascanas
  Linguas atapascanas meridionais
   Navajo–Apache
    Navajo
Códigos de lingua
ISO 639-1: nv
ISO 639-2: nav
ISO 639-3: nav
SIL: NAV
Mapa

Distribución do navajo antes da colonización.
Distribución do navajo na Nación Navajo.
Status

O navajo está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

O navajo[3] (Diné bizaad), ás veces grafado "navaho", é unha lingua amerindia falada nos Estados Unidos de América por 149.000 indios navajos. Pertence á subfamilia linguas atapascanas meridionais, á familia atapascana e ó filo na-dené.

Fálase nos estados de Arizona, Novo México, Utah, Colorado, California e Nevada; e unha pequena minoría de 37 persoas nos estados mexicanos de Chihuahua, Sonora e Baixa California.

Na segunda guerra mundial, os americanos empregaron os navajos para mandárense mensaxes codificadas. Nestas mensaxes, os navajos empregaban curiosas palabras para referirse ao instrumental bélico, poñéndolle distintos nomes de paxaros a distintos avións, por exemplo.

Nomenclatura

[editar | editar a fonte]

"Navajo" é un exónimo. Procede da palabra tewa "navahu" (gran campo), que combina as raíces "nava" (campo) e "hu" (val). O castelán tomou o termo para referirse á área noroeste do actual estado de Novo México e, posteriormente, pasou ao inglés, xa como apelativo para o pobo navajo e a súa lingua.[4]

Os navajo refírense a si mesmos como "diné" (o pobo), e á súa lingua como "diné bizaad" (a lingua do pobo).[5]

  1. Ryan, Camille. "Language Use" (PDF). Censo do goberno (2011). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de febreiro de 2016. Consultado o 5 de xuño de 2015. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Definición de navajo* no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  4. "Navajo - Etymology of Navajo by etymonline". www.etymonline.com (en inglés). Consultado o 2024-04-09. 
  5. Minahan 2013, p. 260.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]