Linguas atapascanas
Linguas atapascanas | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Dene | |
Falado en: | América do Norte | |
Total de falantes: | ||
Familia: | Linguas atapascanas | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ath
| |
Mapa | ||
Status | ||
As linguas atapascanas[1] é o nome dun grupo de linguas indíxenas, faladas polas tribos coñecidas como atapascas ou atabascas, localizados en dous grupos principais, un no sur de Norteamérica, e o outro no noroeste do continente; e entón designase así tamén á súa familia lingüística. A familia atapascana é unha das maiores familias lingüísticas de América do Norte, polo número de idiomas que agrupa e o número dos seus falantes —a familia uto-azteca, que se estende por México ten máis parlantes—. En tamaño de territorio, só as linguas álxicas cobren unha maior área.
A verba atapascano provén do nome cree, aðapaskāw (onde hai plantas unhas tras outras), en referencia ao lago Athabasca, no Canadá. O nome púxollo Albert Gallatin na súa clasificación de 1836 sobre as linguas do norte de América, escribindo explicitamente que fora unha denominación arbitraria.
Linguas
[editar | editar a fonte]As 31 linguas atapascanas do norte fálanse no interior de Alasca e o noroeste do Canadá, no Iukón dos Territorios do Noroeste, así como nas provincias canadenses de Columbia Británica, Alberta, Saskatchewan e Manitoba. Varios idiomas atapascanos son idioma oficial nos Territorios do Noroeste, entre elas a lingua chipewyan, o dogrib, o idioma gwich'in e o slave.
As sete linguas atapascanas da costa do Pacífico son faladas no sur de Oregón e o norte de California. Illadas das linguas da costa e das do norte, as seis linguas do sur, incluíndo aos diferentes grupos apache e navagho, son faladas no suroeste americano e na parte noroeste de México.
O eyak e as linguas atapascanas forman unha agrupación xenética chamada atapascano-eyak. A lingua tlingit está algo relacionada con este grupo, formando a agrupación de linguas na-dené (tamén coñecidas como atapascano-eyak-tlingit).
Clasificación
[editar | editar a fonte]División xeral
[editar | editar a fonte]A familia de linguas atapascanas ten tres principais agrupamentos xeográficos: o Norte, a Costa do Pacífico, e o Sur. Discútese se as linguas da Costa do Pacífico forman realmente unha agrupación xenética válida. O grupo setentrional é particularmente problemático, moito máis que o sur, onde as linguas son moitos máis homoxéneas. Non están definidos ben os subgrupos, agás as do Sur, polo que o modelo de clasificación pode ser incorrecto.
A continuación móstrase un esbozo de clasificación de Keren Rice de 1999.
- Alasca Sur
- Alasca-Yukón Central
- Canadá Noroeste
- Tsetsaut
- Columbia Británica Central
- Sarsi
- Kwalhioqua-Tlatskanai
- Atapascano da Costa do Pacífico
- Apache
As ramas 1 e 7 son o grupo do Norte. Kwalhioqua-Tlatskanai considerouse parte da Costa do Pacífico, pero unha recente revisión por parte de Krauss non a atopa próxima a esas linguas.
Unha clasificación diferente, formulada por Jeff Leer, é a seguinte (Tuttle & Hargus 2004:72-74):
- Alasca (Ahtna, Dena’ina, Deg Hit’an, Koyukon, Kolchan, Tanana Baixo, Tanacross, Tanana Alto, Gwich’in, hän)
- Yukón (Tsetsaut, N. Tutchone, S. Tutchone, Tagish, Tahltan, Kaska, Sekani, Dunneza)
- Columbia Británica (Babine-Witsuwit’en, Dakelh, Chilcotin)
- Este (Dene Suline, Slave, Dogrib)
- Sur (Tsuut’ina, Apache, Costa do Pacífico)
- Subgrupo Alasca sur
- Alaska Central – Subgrupo Yukón
- 3. Deg Hit’an (tamén chamada ingalik, deg xinag)
- 4. Holikachuk (tamén chamada innoko)
- 5. Koyukon
- 6. Kolchan (tamén chamada kuskokwim alto)
- 7. Tanana Baixo (tamén chamado tanana)
- 8. Tanacross
- 9. Tanana alto
- 10. Tutchone sur
- 11. Tutchone norte
- 12. Gwich’in (tamén chamada kutchin)
- 13. Hän (tamén chamada han)
- Subgrupo Canadá Noroeste
- A. Tahltan-Tagish-Kaska
- 14. Tagish
- 15. Tahltan
- 16. Kaska
- 17. Sekani
- 18. Dunneza (tamén chamada beaver)
- B. Slave-Hare (slave norte e sur)
- 19. Slave
- 20. Mountain
- 21. Bearlake
- 22. Hare
- 23. Dogrib
- 24. Dene Suline (tamén coñecidas como lingua chipewyan)
- Subgrupo tsetsaut
- 25. Tsetsaut
- Subgrupo Columbia Británica Central
- 26. Babine
- 27. Dakelh
- 28. Chilcotin (tamén chamada como tsilhqot’in)
- 29. Nicola (tamén chamada stuwix)
- Subgrupo sarsi
- 30. Tsuut’ina (tamén chamada sarcee, sarsi, tsuu t’ina)
- Subgrupo kwalhioqua-clatskanie
- 31. Kwalhioqua-Clatskanie (tamén kwalhioqua-tlatskanie)
Atapascano da Costa do Pacífico
[editar | editar a fonte]- Subgrupo atapascano de California
- 32. Hupa (tamén chamada hoopa-chilula)
- 33. Mattole-Bear River
- 34. Eel River
- Subgrupo atapascano de Oregón
- 35. Upper Umpqua
- 36. Rogue River (tamén chamada tututni)
- 37. Galice-Applegate
- 38. Tolowa
Atapascano meridional (tamén coñecido como apache)
[editar | editar a fonte]- Subgrupo apache das chairas
- 39. Apache das chairas (tamén denominada kiowa-apache)
- Subgrupo apache occidental
- A. Chiricahua-mescalero
- 40. Lingua chiricahua
- 41. Lingua mescalero
- 42. Lingua navagho (tamén chamada dinébizaad)
- 43. Apache occidental (tamén coñecida como apache colloteiro (de coyote)
- Subgrupo apache este
Lista xeográfica
[editar | editar a fonte]Debaixo segue unha lista coas linguas atapascanas e a súa localización xeográfica.
- Alasca: ahtna, deg hit’an, dena’ina, gwich’in, hän, holikachuk, kolchan, koyukon, tanana baixo, tanacross, tsetsaut, tanana alto
- Yukón: gwich'in, hän, kaska, mountain, tagish, tutchone norte, tutchone sur, tanana alto
- Territorios do Noroeste: bearlake, dene suline, dogrib, gwich’in, hare, mountain, slave
- Nunavut: dene suline
- Columbia Británica: babine, bearlake, beaver, chilcotin, dakelh, hare, kaska, mountain, nicola, sekani, slave, tagish, tahltan, tsetsaut
- Alberta: beaver, dene suline, slave, tsuut’ina
- Saskatchewan: dene uline
- Washington: chilcotin, kwalhioqua-clatskanie (willapa, suwal), nicola
- Oregón: applegate, clatskanie, galice, rogue river (chasta costa, euchre creek, tututni, coquille alto), tolowa, umpqua alto
- Norte de California: eel river, hupa, mattole-bear river, tolowa
- Utah: navagho
- Colorado: jicarilla, navagho
- Arizona: chiricahua, navagho, apache occidental
- Novo México: chiricahua, mescalero, jicarilla, lipán, navagho
- Texas: mescalero, lipán
- Oklahoma: chiricahua, jicarilla, apache das chairas
- Noroeste de México: chiricahua, lipán, navagho
Proto-atapascano
[editar | editar a fonte]Fonoloxía
[editar | editar a fonte]Unha reconstrución recente do proto-atabascano consta de 40 consoantes (Cook 1981; Krauss & Golla 1981; Krauss & Leer 1981; Cook & Rice 1989), segundo se detalla a continuación:
Fricativas ou constritivas | |||||||||||||
Bilabial | Alveolar | Palatal | Velar | Uvular | Glotal | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Central | Lateral | plana | Labial | plana | Labial | ||||||||
Oclusiva | Non aspirada | t | k | q | qʷ | ||||||||
Aspirada | tʰ | kʰ | qʰ | qʷʰ | |||||||||
Exectiva | t’ | k’ | q’ | q’ʷ | ʔ | ||||||||
Africada | Non aspirada | ʦ | tɬ | ʧ | ʧʷ | ||||||||
Aspirada | ʦʰ | tɬʰ | ʧʰ | ʧʷʰ | |||||||||
Exectiva | ʦ’ | tɬ’ | ʧ’ | ʧ’ʷ | |||||||||
Fricativa | Consoante xorda | s | ɬ | ʃ | ʃʷ | x | χ | χʷ | h | ||||
Consoante sonora | z | ɮ | ʒ | ʒʷ | ɣ | ʁ | ʁʷ | ||||||
Sonorantes | |||||||||||||
Nasal | m | n | ɲ | ||||||||||
Aproximante | j | w | |||||||||||
Vogal |
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definición de atapascano, -a no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.