Lingua navagho
Navagho Diné bizaad | ||
---|---|---|
Falado en: | Estados Unidos de América | |
Rexións: | Arizona, Novo México, Utah, Colorado | |
Total de falantes: | 170 000 (2015)[1] 7 600 monolingües | |
Familia: | Linguas na-dené Linguas atapascanas Linguas atapascanas meridionais Navagho-apache Navagho | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | nv
| |
ISO 639-2: | nav | |
ISO 639-3: | nav
| |
SIL: | NAV
| |
Mapa | ||
![]() Distribución do navagho antes da colonización. ![]() | ||
Status | ||
![]() |
O navagho,[3] navaho ou navajo[4] (Diné bizaad) é unha lingua amerindia falada nos Estados Unidos de América por 149.000 indios navaghos. Pertence á subfamilia linguas atapascanas meridionais, á familia atapascana e ó filo na-dené.
Fálase nos estados de Arizona, Novo México, Utah, Colorado, California e Nevada; e unha pequena minoría de 37 persoas nos estados mexicanos de Chihuahua, Sonora e Baixa California.
Na segunda guerra mundial, os americanos empregaron os navaghos para mandárense mensaxes codificadas. Nestas mensaxes, os navaghos empregaban curiosas palabras para referirse ao instrumental bélico, poñéndolle distintos nomes de paxaros a distintos avións, por exemplo.
Nomenclatura
[editar | editar a fonte]"Navagho" é un exónimo. Procede da palabra tewa "navahu" (gran campo), que combina as raíces "nava" (campo) e "hu" (val). O castelán tomou o termo para referirse á área noroeste do actual estado de Novo México e, posteriormente, pasou ao inglés, xa como apelativo para o pobo navagho e a súa lingua.[5]
Os navagho refírense a si mesmos como "diné" (o pobo), e á súa lingua como "diné bizaad" (a lingua do pobo).[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ryan, Camille. "Language Use" (PDF). Censo do goberno (2011). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de febreiro de 2016. Consultado o 5 de xuño de 2015.
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ González González, Manuel (ed.). "Navagho". Tergal. Consultado o 31/12/2024.
- ↑ Definición de navajo* no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ "Navajo - Etymology of Navajo by etymonline". www.etymonline.com (en inglés). Consultado o 2024-04-09.
- ↑ Minahan 2013, p. 260.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Pobos indíxenas de América |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Minahan, J. (2013). Ethnic Groups of the Americas: An Encyclopedia. ABC-CLIO. ISBN 978-1-61069-163-5.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Existe unha versión da Wikipedia en Lingua navagho |
- Dicionario Castelán - navagho
- Rela de páxinas sobre o idioma navagho (en inglés)
- Fontes navagho (en inglés)
- Oficina gobernamental de lingua e cultura navagho (en inglés)