Nación Navagho
Naabeehó Bináhásdzo (nv) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Arizona | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 173.667 (2010) (2,78 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 62.362 km² | ||||
Creación | 1 de xuño de 1868 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república | ||||
• Presidente da Nación Navagho | Buu Nygren (2023–) | ||||
Órgano lexislativo | Consello da Nación Navagho , | ||||
Sitio web | navajo-nsn.gov |
A Nación Navagho[1] ou Nación Navajo[2] (en navagho: Naabeehó Bináhásdzo) é un territorio nativo americano semiautónomo habitado polo pobo navagho. Abrangue 71.000 km2, ocupando anacos do nordeste de Arizona, sueste de Utah e noroeste Novo México. É a meirande área asignada principalmente baixo a xurisdición nativa americana dos Estados Unidos.
Nome
[editar | editar a fonte]En inglés, o nome inicial da zona era "Navajo Indian Reservation" ("Reserva India Navagho"), gobernado dende 1923 polo "Consello tribal Navagho". O 15 de abril de 1969, o nome oficial no escudo utilizado polo goberno foi cambiado a "Navajo Nation" (Nación Navagho), indicando que a partir dese día "toda a correspondencia, inmóbil [sic], papel de carta [...] da tribo Navagho utilizaría a denominación Nación Navagho para identificar a tribo".[3] En 1994, unha proposta de cambiar a designación oficial de "Navagho" a "Diné" foi rexeitada polo consello. Eles dixeron que o nome Diné representaba o tempo de sufrimento antes da Longa marcha, e o termo Navagho é a axeitada designación para o futuro.[4]
En navagho, a entidade xeográfica cos límites fronteirizos delimitados é coñecido como "Naabeehó Bináhásdzo". Isto contrasta con "Diné Bikéyah" e "Naabeehó Bikéyah" para a idea xeral de "Navajoland".[5] Ningunha das designacións debería ser confundida con "Dinétah", o termo usado para o fogar tradicional do pobo Navagho, situado na área entre as montañas Dookʼoʼoosłííd (San Francisco Peaks), Dibé Ntsaa (Hesperus Mountain), Sisnaajiní (Blanca Peak) e Tsoodził (Mount Taylor).
Historia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Pobo navagho.
Despois da Longa Marcha e o retorno dos navagho dende o seu encarceramento en Bosque Redondo, a "Navajo Indian Reservation" estableceuse no Tratado de 1868. As fronteiras foron definidas polo paralelo 37º polo norte, a liña de Fort Defiance polo sur, Fort Lyon polo leste e meridiano 109° 30′ polo oeste.[6] Malia que o tratado proporcionaba preto de cen millas cadradas no Territorio de Novo México, o tamaño actual do territorio era de 1.346.916 hectáreas,[6] un pouco máis da metade. Esta peza inicial da terra represéntase no deseño da bandeira da Nación Navagho por un rectángulo de cor marrón escuro.[7]
Porén, debido ó feito de que non había límites físicos ou paneis de sinalización fixáronse no seu lugar, moitos navaghos ignoraron estes límites formais e volveron ó lugar onde os tiñan en catividade.[6] Unha significativa poboación navagho aínda reside ó longo de Little Colorado e Colorado Rivers así como en Naatsisʼáán (Navajo Mountain), nunca sufriron nos campos de concentración en Hwéeldi (Ft. Sumner).
A primeira expansión do territorio ocorreu o 28 de outubro de 1878, cando o Presidente Rutherford Hayes asinou unha orde executiva aumentando os límites 20 millas cara ao oeste.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ González González, Manuel (ed.). "Navagho". Tergal. Consultado o 23/12/2024.
- ↑ "Entrada navajo en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2016. Consultado o 07 de decembro de 2016.
- ↑ "Navajo oppose name change", Indian Country Today, 12 de xaneiro de 1994
- ↑ Young, Robert W & William Morgan, Sr. The Navajo Language. A Grammar and Colloquial Dictionary. University of New Mexico Press. Albuquerque, NM: 1987.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Iverson, Peter & Monty Roessel. Diné: A History of the Navajos. University of New Mexico Press. Albuquerque, NM: 2002. page 68ff.
- ↑ History. Arquivado 17 de abril de 2021 en Wayback Machine. Government of the Navajo Nation. Consultado o 20 de maio de 2018.