Lingua tregamí
Trigamí | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Trigamä, trigami, gambirí | |
Falado en: | Afganistán | |
Rexións: | Distrito de Pech, no val de Tregam, no Nuristán | |
Total de falantes: | Preto de 3.000 (Richard F. Strand en 2000) | |
Familia: | Indoeuropea Indoiranias Nuristanias Trigamí | |
Escrita: | De facelo usan a escrita perso-arábiga | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Cooficiais (Constitución do Afganistán) | |
Regulado por: | Non | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -
| |
ISO 639-2: | - | |
ISO 639-3: | trm
| |
SIL: | trm
| |
Mapa | ||
. | ||
Status | ||
O tregamí, trigami ou gambirí é unha lingua falada no val do río Trigam nas vilas de Gambir, Cathar e Devoz no distrito de Pech na provincia do Nuristán no Afganistán.
Características
[editar | editar a fonte]Non se lle coñece un nome autóctono, a xente di falar gambirí ou devozí, dependendo da vila. Os lingüistas puxéronlle o nome do val do río Tregam por estar estas tres vilas nese mesmo val. O tregamí pertence á familia de linguas indoeuropeas, na rama indoirania e dentro desta no grupo nuristanio.
Segundo estimacións de Ethnologue o número de falantes é de 1.000 (datos de 1994), pero segundo Richard F. Strand, nos seus estudos sobre as linguas nuristanias, son uns 3.000 (datos de 2000). Ten un léxico similar ao Calaxa (Calasha pronunciado /kalaśa/ cun s retroflexo), entre 76% ao 80% de similitude.