Linguas nuristanias
Linguas nuristanias | ||
---|---|---|
Falado en: | Afganistán e Paquistán | |
Rexións: | Nuristán | |
Total de falantes: | Entre 30.000 e 35.000 | |
Familia: | Indoeuropea Indoiranias Linguas nuristanias | |
Escrita: | De facelo usan a escrita perso-arábiga | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Cooficiais (Constitución do Afganistán) | |
Regulado por: | Non | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ---
| |
Mapa | ||
Status | ||
As linguas nuristanias son un subgrupo de linguas da familia de linguas indoirania, faladas no Afganistán e no Paquistán.
Nome
[editar | editar a fonte]O grupo de linguas nuristanias recibe ese nome porque as súas principais linguas foron ou son faladas máis alá do actual Nuristán dende fai tempo. Porén, coma unha clasificación lingüística, o nome "nuristanias" non implica ningunha relación coa actual provincia afgá do Nuristán (para referirmos a algo ou alguén pertencente ao Nuristán úsase a palabra "nuristaniano/-a/os/-as"; é o mesmo caso ca "iranio" e "iraniano").
Historia
[editar | editar a fonte]As linguas nuristanias non foron descritas ata o século XIX d.C. O antigo nome da rexión era Cafiristán (Kafiristán) e as linguas eran chamadas cafirís ou cafiristanias, pero o devandito termo foi substituído polo actual xa que o vello era un termo bastante pexorativo: cafir (kafir) quere dicir "infiel", mentres que Nur quere dicir "luz".
Recentes estudos e análises clasifican o nuristanio como unha rama independente da familia de linguas indoirania,[1] mais algúns a clasifican co grupo índico, mentres outros as enmarcan como orixinalmente iranias, pero fortemente influenciadas polas veciñas linguas dárdicas. En todo caso, parece ser que chegaron á actual patria en datas moi temperás e, ao contrario que os indoarios, nunca entraron no Punxab.
As linguas fálanse por pobos tribais nunha rexión montañosa fortemente illada do Hindukush (en galego Hinducux), que nunca estivo suxeita a ningunha verdadeira autoridade central en tempos modernos. Esta área localízase ao longo da fronteira nordoriental de Afganistán e zonas limítrofes do noroeste de Paquistan. Estas linguas non prestaron a atención dos lingüistas occidentais coma a que lles deron. Considerando o moi pequeno número de pobos que as falan, deben ser consideradas linguas en perigo.
Hai cinco linguas nuristanias, cada unha falada en varios dialectos. Os dialectos maiores inclúen Kata-varí, Kamvirí, e Vaí-alá. A maioría dos nuristanís en Paquistán falan Kamvirí. Estas están influenciadas polas linguas dárdicas, e ás veces por iso as levan a clasificalas como tales; mais isto é máis unha clasificación xeográfica que lingüística.
O iranista noruegués Georg Morgenstierne escribiu que o Chitral no Paquistán é a área da máis grande diversidade lingüística do mundo. Aínda que o Ghowar é a lingua predominante do Chitral e do Paquistán occidental setentrional, unha decena máis de linguas fálase aquí. Entre elas están o Kalasha-mun, Palula, Dameli, Gawar-Bati, Nuristani, Idgá, Buruxasqui, Gujar, vakhí, kirguiz, persa e paxto. A pesar de que moitas destas linguas non teñen sistema de escritura, é frecuente o uso do sistema Urdú ou persa-arábigo.
Lista das linguas nuristanias
[editar | editar a fonte]- ascún: (Ascún) 2.000 falantes.
- Lingua camcata-virí (Baxgalí, inclúen os dialectos Kata-varí, Kamvirí e Mumvirí) 24.200 falantes.
- Lingua vasi-varí (Prasuní) 2.000 falantes.
- Lingua tregamí (Gambirí) 1.000 falantes.
- Lingua calaxa-ala (Waigalí) 2.000 falantes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Morgenstierne, G. Irano-Dardica. Wiesbaden 1973; Morgenstierne, G. Die Stellung der Kafirsprachen. In Irano-Dardica, 327-343. Wiesbaden, Reichert 1975
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Decker, Kendall D. (1992) Languages of Chitral http://www.ethnologue.com/show_work.asp?id=32850
- Morgenstierne, Georg (1926) Report on a Linguistic Mission to Afghanistan. Instituttet for Sammenlignende Kulturforskning, Serie C I-2. Oslo. ISBN 0-923891-09-9
- Jettmar, Karl (1985) Religions of the Hindu Kush ISBN 0-85668-163-6
- J. P. Mallory, In Search of the Indo-Europeans: Language, Archaeology and Myth, Thames and Hudson, 1989.
- James P. Mallory & Douglas Q. Adams, "Indo-Iranian Languages", Encyclopedia of Indo-European Culture, Fitzroy Dearborn, 1997.
- SIL Ethnologue [1]
- Strand, Richard F. (1973) "Notes on the Nûristânî and Dardic Languages." Journal of the American Oriental Society, 93.3: 297-305.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina Kalash xaponesa de Reiko e Jun
- Hindí/Urdú-Inglés-Kalashá-Khowar-Nuristaní-Paxtó Lista de palabras comparativa
- Richard Strand's Nuristân Site Esta páxina é a principal fonte lingüística e etnográfica do Nuristán e das rexións veciñas, analizando as recompilacións feitas nos últimos corenta anos por estudosos sobre o Nuristán.