Lisa Marie
Nome orixinal | (en) Lisa Marie Smith |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 5 de decembro de 1968 (55 anos) Piscataway, Estados Unidos de América (en) |
Actividade | |
Ocupación | modelo, actriz |
Período de actividade | 1988 - |
Familia | |
Parella | Tim Burton (1993–2001) |
Páxina web | lisamarie.com |
|
Lisa Marie Smith, nada o 5 de decembro de 1968 en Piscataway, Nova Jersey, é unha actriz e modelo estadounidense que emprega o nome Lisa Marie na súa vida profesional. Saíu co director Tim Burton durante nove anos e medio e estivo comprometida con el durante oito anos e medio. É famosa polas súas actuacións en filmes como Sleepy Hollow, Mars Attacks! ou Planet of the Apes, todas elas baixo a dirección de Tim Burton.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi criada polo seu pai e os seus avós e estudou nunha escola católica. Dende os oito anos comezou a aprender ballet e piano. Ós quince anos mudouse a Nova York para estudar arte dramática, danza e música. En Nova York comezou a súa carreira como modelo para Robert Mapplethorpe e foi seleccionada polo fotógrafo Bruce Weber para a campaña do perfume Obsession de Calvin Klein. Os seus primeiros pasos no cinema foron dúas breves aparicións en Let's Get Lost, o documental sobre a vida do trompetista de jazz Chet Baker, e no filme de Woody Allen Alice.
En 1989 apareceu na canción de Malcolm McLaren, "Something's Jumpin' in Your Shirt" do seu álbum de 1989 Waltz Darling. A vida persoal e profesional de Lisa Marie cambiou cando coñeceu a Tim Burton nun club nocturno en 1991, inmediatamente despois de rematar o seu contrato como modelo para Calvin Klein. Aparentemente, Tim e Lisa conxeniaron ó descubrir que ámbolos dous tiveran unha experiencia paranormal OVNI similar en California.
Ó ano seguinte, no día de San Valentín de 1992, prometéronse e permaneceron xuntos até o 2001. Durante este período de case dez anos, ela apareceu en practicamente tódolos filmes do director. Pola súa banda, e segundo afirmacións de coñecidos como Henry Selick, Lisa salvou a vida de Tim, xa que este tiña a intención de seguir o camiño do seu amigo Anton Furst, quen se suicidara pouco tempo antes. En 2000, Lisa Marie traballou na serie da canle Sci-Fi titulada Exposure.
Moitas dos seus primeiros filmes tentaban salientar o voluptuoso físico de Lisa, pero traballos posteriores permitíronlle demostrar as súas capacidades interpretativas.
Lisa Marie apareceu en gran número de revistas e converteuse nunha celebridade de Hollywood. O seu divorcio de Tim Burton non foi excesivamente amigable até o extremo de que ela lle reclamara 5,4 millóns de dólares como parte dun acordo económico que el lle prometera.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Papel |
---|---|---|
1988 | Let's Get Lost | |
1990 | Alice | |
1994 | Ed Wood | Vampiresa |
1996 | Mars Attacks! | Moza marciana |
1997 | Breast Men | Vanessa |
1998 | Frogs for Snakes | Myrna L'Hatsky |
1999 | Tail Lights Fade | Kitty |
Sleepy Hollow | Lady Crane | |
If... Dog... Rabbit... | Judy | |
2000 | Chasing the Dragon | Claire Oberon |
The Beat Nicks | Sophie | |
Stainboy | ||
2001 | Planet of the Apes | Nova |
2003 | Starring | (un pequeno filme por Jeremy Scott) |
2008 | Secret World of Superfans | Ela mesma |