Lista de ataques violentos en Europa 2018
Aparencia
Esta é unha lista sobre os ataques violentos (tiroteos, atropelos masivos...) en Europa durante o 2018. Os autores destes ataques non se corresponden con organizacións terroristas internacionais.
Tipo de ataque
[editar | editar a fonte]Clase de ataque | Número de ataques | Mortos | Feridos |
---|---|---|---|
Ataque con coitelo | 10 | 10 | 33 |
Tiroteo | 3 | 4 | 6 |
Atropelo masivo | 1 | 3 | 20 |
Autores dos ataques
[editar | editar a fonte]Número de ataques | cometidos por un home | cometidos por unha muller | Nacional | Estranxeiro | Solicitante de asilo | Refuxiado |
---|---|---|---|---|---|---|
14 | 11 | 2 | 24 | 3 | 1 | 1 |
<18 | 19-63 | >64 |
---|---|---|
8 | 9 | 0 |
Motivo do ataque | Orixinario | Estranxeiro |
---|---|---|
Descoñecido | 1 | 3 |
Problemas mentais | 2 | 1 |
Motivación racial | 1 | 0 |
Antisemita | 1 | 0 |
Xenofobo | 2 | 0 |
Ataques por mes
[editar | editar a fonte]Xaneiro
[editar | editar a fonte]3 de xaneiro
- Irlanda: Unha serie de ataques con coitelos en Dundalk, deixa 1 morto e 2 feridos. O autor é un home de 18 anos, concretamente un solicitante de asilo exipcio. A policía detivoo.[1]
Febreiro
[editar | editar a fonte]4 de febreiro
- Italia: Un tiroteo contra inmigrantes africanos en Macerata, deixa 6 feridos. Este tiroteo produciuse por unha cuestión racial. O autor é un home de 28 anos que responde ao nome de Luca Traini, xa foi detido. Despois, se averigou que o perpetrador do tiroteo militaba no partido da Liga Norte.[2]
6 de febreiro
- Polonia: Unha serie de ataques, tanto verbais coma físicos contra inmigrantes en diferentes lugares de Polonia, deixa o seguinte balance: na cidade de Łódź foron atacados un portugués, tres alemáns e un indio. No mes de xaneiro deste ano en Breslau déronlle unha malleira a un indio. En Varsovia, un home atacou verbalmente ao grito de 'Polonia para os polacos' a unha muller turca. Na cidade de Breslau encóntrase o grupo neonazi Renacemento Nacional Polaco.[3]
23 de febreiro
- Suíza: Un tiroteo en Zürich, deixa 2 mortos. Non se trata dun ataque terrorista. Descoñecese o motivo do ataque.[4]
Marzo
[editar | editar a fonte]7 de marzo
- Austria: Unha serie de dous ataques con armas brancas en Viena, deixa un total de 4 feridos graves. O autor fuxiu do lugar. Máis tarde, a policía detivo a un sospeitoso, un home de 23 anos que provén de Afganistán.[5][6]
Abril
[editar | editar a fonte]7 de abril
- Alemaña: Un atropelo masivo na cidade de Münster deixa 3 mortos, incluído o autor do ataque e 20 feridos, seis deles de gravidade. O autor é un home de 48 anos que corresponde ao nome de Jens R., un cidadán alemán que tiña problemas psiquiátricos, de conduta agresiva e que quería suicidarse.[7][8]
Maio
[editar | editar a fonte]19 de maio
- Alemaña: Un tiroteo na cidade de Saarbruecken, deixa 2 mortos e varios feridos. O autor, xa detido, disparou de maneira indiscriminada no barrio de Brebach-Fechingen.[9]
30 de maio
- Alemaña: Un ataque con coitelo nun tren en Flensburg, deixa 1 morto e 2 feridos. O morto é o autor do ataque, que foi abatido pola policía. Era un refuxiado de Eritrea de 24 anos que vivía en Alemaña. Non hai conexión co terrorismo xihadista.[10][11]
Xuño
[editar | editar a fonte]2 de xuño
- Italia: Un tiroteo en San Calogero deixa 1 persoa morta. A vítima mortal é un home de 29 anos de Malí que responde ao nome de Soumaila Sacko, un activista pertencente ao USB. No momento do tiroteo a vítima non estaba armada debido a que se encontraba axudando a uns compatriotas a construír unha casa con pezas de chapa. A policía detivo a un sospeitoso, un agricultor italiano que responde ao nome de Antonio Pontoriero. Este ataque súmase a unha longa serie de carácter xenofobo.[12]
17 de xuño
- Francia: Un ataque con coitelo nun supermercado en Toulon, deixa 2 feridos. O perpetrador do ataque é unha muller e xa foi detida. Algunhas testemuñas afirman que berrou: Alá é grande. A policía di que ten nacionalidade francesa e naceu en 1994, fichada por comportamento violento e sofre dun trastorno mental.[13]
24 de xuño
- Ucraína: Un ataque contra un campamento de romaneses nas aforas de Lviv deixa 1 morto e 4 feridos. Os autores do ataque son sete persoas, con idades comprendidas entre 16 e 17 anos, ademais dun de 20 que foi acusado de planificar o ataque, están detidos. Este ataque súmase a unha serie deles contra minorías étnicas de Ucraína.[14]
Xullo
[editar | editar a fonte]Comezos de xullo
- Italia: Un tiroteo cunha pistola de aire dende un coche preto da cidade de Forli fere a un home de Costa do Marfil, Hugues Messou de 34 anos cando se dirixia cara a súa casa na bicicleta. Os autores do ataque, dúas persoas italianas, fuxiron no vehículo, ademais de facer comentarios racistas contra a vítima. A policía está investigando o caso.[15]
- Italia: Un tiroteo deixa unha muller de Nixeria ferida en Forli. Non denunciou o suceso.[15]
20 de xullo
- Alemaña: Un ataque con coitelo nun autobús urbano na cidade de Lübeck, deixa 10 feridos e o autor detido pola policía. O perpetrador é un home de 34 anos, de nacionalidade alemá pero de orixe iraniana.[16]
31 de xullo
- Italia: Un ataque xenofobo en Aprilia, deixa un cidadán de nacionalidade marroquí morto, confundido cun ladrón, por unha persecución en coche, o que lle produciu un accidente e despois os atacantes propinaronlle unha malleira. Os autores do ataque son tres homes italianos. Xa foron detidos. Pero a versión que manteñen os atacantes non coincide coas probas recollidas e os vídeos das cámaras de seguridade.[17]
Agosto
[editar | editar a fonte]18 de agosto
- Francia: Un ataque con coitelo deixa 1 morto e 1 ferido en Saint-Paul-Trois-Châteaux. O agresor xa foi detido.[18]
22 de agosto
- Bélxica: Un ataque con coitelo en Moresnet-Chapelle, no concello de Plombières, preto de Liexa, deixa 3 mortos, o autor incluído e 1 ferido grave. O motivo do ataque foi unha disputa familiar. O autor do ataque era un exmozo dunha das vítimas, que pertencían a mesma familia.[19][20]
23 de agosto
- Francia: Un ataque con coitelo deixa tres mortos, incluído o atacante e 1 ferido grave, na localidade de Trappes. O ataque foi reivindicado polo grupo terrorista Estado Islámico, pero as autoridades decántanse por unha disputa familiar, xa que dúas das vítimas son a nai e a irmá do atacante. O atacante naceu en 1982.[21]
27 de agosto
- Alemaña: Un ataque de motivación antisemita contra un restaurante xudeu en Chemnitz, deixa 1 ferido e danos materiais. Un total de 12 persoas atacaron o restaurante con pedras e botellas. O dono xa denunciou o ataque e a policía abriu unha investigación.[22]
30 de agosto
- Alemaña: Dous ataques contra inmigrantes en diferentes zonas de Alemaña deixa en total 2 feridos. O primeiro ataque ocorreu en Wismar, onde un sirio de 20 anos foi ferido de gravidade por unha cadea de ferro e apaleado. O segundo ataque ocorreu en Sondershausen, onde un eritreo de 33 anos foi ferido de gravidade por golpes e patadas na cabeza durante unha pelexa, na cal participaron diferentes persoas. Os autores dos ataques están fuxidos.[23]
Setembro
[editar | editar a fonte]1 de setembro
- Italia: Un ataque con coitelo na cidade de Canneto sull'Oglio deixa 1 morto e 3 feridos. O perpetrador do ataque é unha muller de 58 anos e orixinaria de Polonia, que sufriu unha descomposición emocional.[24]
9 de setembro
- Francia: Un ataque con coitelo no nordeste de París, deixa 7 feridos, algúns deles de gravidade. O autor xa foi detido pola policía. Segundo, a policía non hai motivación terrorista. O perpetrador é de orixe afgán.[25]
10 de setembro
- Italia: Un ataque xenofobo en Sassari deixa un 1 ferido. A vítima do ataque é un mozo de 22 anos de Guinea, que chegou a localidade como refuxiado, agora é estudiante, foi atacado por un grupo de cinco rapaces, menores de idade. Primeiro atacarono con insultos racistas e xenofobos e despois golpearono deixándoo ferido de gravidade. A malleira provocoulle o desprazamento do tabique nasal. Os atacantes ao acabar de darlle a malleira fuxiron con insultos outra vez xenofobos.[26]
11 de setembro
- Polonia: Unhas persoas destrúen un estandarte LGBT en Szczecin. Os agresores non foron detidos e poden pertencer ao grupo neonazi ONR.[27]
17 de setembro
- Bélxica: Un ataque con coitelo en Bruxelas deixa, 2 feridos, un policía e o agresor. Un segundo policía disparou e feriu o atacante por negarse a soltar o coitelo e atacar o seu compañeiro.[28]
29 de setembro
- Alemaña: Un ataque con coitelo na cidade de Ravensburg deixa, 3 persoas feridas, unha delas de gravidade. O agresor xa foi detido pola policía. Máis tarde a policía identificao como un solicitante de asilo procedente de Afganistán e de 19 anos de idade. Aínda se descoñece o motivo do ataque.[29]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ EUROPA PRESS (3 de xaneiro de 2018). "Un muerto por un ataque con cuchillo en la ciudad irlandesa de Dundalk". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 9 de setembro de 2018.
- ↑ Valentina T. Sánchez (4 de febreiro de 2018). "Gobierno italiano: tiroteo en Macerata fue motivado por una "evidente cuestión racial"". m.france24.com (en castelán). Consultado o 11 de setembro de 2018.
- ↑ CARMELA NEGRETE (6 de febreiro de 2018). "La Iglesia católica polaca se divide ante el aumento de los ataques contra refugiados". www.elsaltodiario.com (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2018.
- ↑ EUROPA PRESS (23 de febreiro). "Dos muertos por un tiroteo en el centro de Zúrich". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 12 de setembro de 2018.
- ↑ REDACCIÓN e AGENCIAS (7 de marzo de 2018). "Tres heridos en un ataque con cuchillo en Viena". www.lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 9 de setembro de 2018.
- ↑ Sputnik (8 de marzo de 2018). "El sospechoso de un ataque con navaja en Viena procede de Afganistán". mundo.sputniknews.com (en castelán). Consultado o 9 de setembro de 2018.
- ↑ Redacción e Agencias (7 de abril de 2018). "Varios muertos y heridos en un atropello masivo en el centro turístico de la ciudad alemana de Münster". www.lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 6 de setembro de 2018.
- ↑ AFP (8 de abril de 2018). "El autor del atropello mortal de Münster, un alemán de conducta agresiva que buscaba suicidarse". www.elmundo.es (en castelán). Consultado o 6 de setembro de 2018.
- ↑ DPA/EP (19 de maio de 2018). "Al menos dos muertos y varios heridos por un tiroteo posiblemente indiscriminado en Saarbruecken (Alemania)". m.europapress.es (en castelán). Consultado o 12 de setembro de 2018.
- ↑ Euronews (30 de maio de 2018). "La policía alemana mata a un hombre que perpetró un ataque con cuchillo en un tren en Flensburg". es.euronews.com (en castelán). Consultado o 7 de setembro de 2018.
- ↑ DPA / The Local (31 de maio de 2018). "Police officer shoots knife attacker dead on Flensburg train". www.thelocal.de (en inglés). Consultado o 7 de setembro de 2018.
- ↑ FQ (10 de xuño de 2018). "Soumaila Sacko, raccolta fondi dell’Usb per il rientro della salma in Mali: in tre giorni superati i 20mila euro". www.ilfattoquotidiano.it (en italiano). Consultado o 5 de outubro de 2018.
- ↑ Sputnik Mundo (17 de xuño de 2018). "Detenida en Francia una mujer por un ataque con cuchillo al grito de "¡Alá es grande!"". mundo.sputniknews.com (en castelán). Consultado o 11 de setembro de 2018.
- ↑ BBC (24 de xuño de 2018). "Ukraine Roma camp attack leaves one dead". www.bbc.co.uk (en inglés). Consultado o 7 de setembro de 2018.
- ↑ 15,0 15,1 Ylenia Gostoli (16 de agosto de 2018). "9 shootings in 50 days: Italy's ugly face of racism". m.dw.com (en inglés). Consultado o 16 de setembro de 2018.
- ↑ Agencias (20 de xullo de 2018). "Diez heridos en un ataque con cuchillo en un autobús en el norte de Alemania". www.20minutos.es (en castelán). Consultado o 7 de setembro de 2018.
- ↑ eldiario.es (31 de xullo de 2018). "Las agresiones racistas se disparan en Italia: un marroquí de 43 años, perseguido y apaleado hasta la muerte". m.eldiario.es (en castelán). Consultado o 18 de setembro de 2018.
- ↑ RT (18 de agosto de 2018). "Un muerto y un herido tras un ataque con cuchillo en Francia". actualidad.rt.com (en castelán). Consultado o 12 de setembro de 2018.
- ↑ Sputnik (22 de agosto de 2018). "Varios muertos tras un ataque con cuchillo en el este de Bélgica". mundo.sputniknews.com (en castelán). Consultado o 7 de setembro de 2018.
- ↑ Adam Forrest (23 de agosto de 2018). "Man stabs two women to death in horrific attack in Belgium restaurant". www.independent.co.uk (en inglés). Consultado o 15 de setembro de 2018.
- ↑ EP (23 de agosto de 2018). "Mata a dos personas con un cuchillo cerca de París y muere abatido por la policía". cadenaser.com (en castelán). Consultado o 7 de setembro de 2018.
- ↑ Redacción EC (8 de setembro de 2018). "Alemania: Autoridades investigan presunto nuevo ataque antisemita". elcomercio.pe (en castelán). Consultado o 12 de setembro de 2018.
- ↑ DPA/EP (30 de agosto de 2018). "Un sirio y un eritreo, heridos graves tras violentos ataques en Alemania". eldia.es (en castelán). Consultado o 7 de setembro de 2018.
- ↑ RT (1 de setembro de 1018). "Ataque con cuchillo en Italia deja un muerto y tres heridos". actualidad.rt.com (en castelán). Consultado o 6 de setembro de 2018.
- ↑ REUTERS (10 de setembro de 2018). "Policía descarta que ataque con cuchillo en París sea terrorismo". www.excelsior.com.mx (en castelán). Consultado o 10 de setembro de 2018.
- ↑ "Razzismo, le aggressioni in Italia". www.lettera43.it (en italiano). 11 de setembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2018. Consultado o 5 de outubro de 2018.
- ↑ Flick (11 de setembro de 2018). "Matones ultras destrozan un stand de colectivos LGTB en Szczecin (Polonia)". www.dosmanzanas.com (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2018.
- ↑ Euronews (17 de setembro de 2018). "Herido grave un hombre que atacó a un policía en Bruselas". es.euronews.com (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2018.
- ↑ Xinhua (29 de setembro de 2018). "Tres personas resultan heridas de gravedad en ataque con cuchillo en Ravensburg, Alemania". spanish.xinhuanet.com (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2018.