Lista de ordes de Unix
Aparencia
Esta é unha lista dalgunhas das ordes empregadas no sistema UNIX.
Comandos para a manipulación de directorios
[editar | editar a fonte]- mkdir - crea un directorio
- rmdir - elimina un directorio baleiro
- cd - cambia o directorio actual
- pwd - amosa a localización do directorio actual
- ls - amosa o contido do directorio actual
- du - amosa o tamaño do directorio
- whereis - amosa a dirección dun ficheiro determinado
Comandos para a manipulación de ficheiros
[editar | editar a fonte]- cat - amosa o contido dun ficheiro
- tail - amosa as últimas 10 liñas dun ficheiro
- head - amosa as primeiras 10 liñas dun ficheiro
- vi - abre o editor de ficheiros de texto vi
- vim - abre o editor de ficheiros de texto vim
- rm - elimina un ficheiro
- cp - copia un ficheiro
- mv - move ou cambia o nome dun ficheiro
- chmod - cambia os permisos dun ficheiro
- chown - cambia o dono dun ficheiro
- split - divide un ficheiro
- recode - cambia a codificación dun ficheiro
Comandos para a administración
[editar | editar a fonte]- man - amosa información sobre un comando
- adduser - engade un novo usuario
- addgroup - engade un novo grupo de usuarios
- dmesg - amosa o rexistro de inicio
- df - amosa o estado de ocupación dos discos e particións
- userdel - elimina un usuario
- chfn - cambia a información relativa a un usuario
- who - amosa quen está conectado ao sistema
- whoami - amosa información sobre o usuario conectado
- passwd - modifica o contrasinal dun usuario
- ps - amosa os procesos que se están a executar
- kill - termina un proceso
- su - cambia ao usuario root
Comandos para a administración de rede
[editar | editar a fonte]- ifconfig - amosa as interfaces de redes activas e a información de cada unha delas
- route - amosa información referente as rutas
- mtr - amosa a ruta ata un IP determinado
- netstat - amosa os portos e protocolos activos do sistema
- traceroute - traza unha ruta dende o host local ata o destino amosando os enrutadores intermediarios
- nslookup - consulta de servizos DNS
- dig - consulta de servizos DNS