Lista de reis dos pictos
A lista de reis dos pictos está baseada nas listas de reis da crónica picta. Estes son documentos tardíos e non rexistran as datas nas que reinaron os reis. As diversas listas sobreviventes discrepan nos sitios e nos nomes dos reis, así como a duración dos seus reinados. Unha porción grande das listas, non reproducidas aquí, pertencen á mitoloxía mitoloxía caledonia ou irlandesa. As últimas partes das listas poden ser reconciliadas en gran parte con outras fontes.
Reis dos pictos
[editar | editar a fonte]As diferentes cores sinalan reis presuntamente relacionados.
Reis antigos
[editar | editar a fonte]Renado | Rei | Outros nomes[1] | Familia | Observacións |
---|---|---|---|---|
–260 | Ru dos pictos | |||
260–264 | Garnaith Bolgh dos pictos | Reinou 4 anos | ||
264–273 | Garnaith Ini dos pictos | Reinou 9 anos | ||
273–280 | Breth mac Buthut dos pictos | Reinou 7 anos | ||
280–310 | Vipoig | Reinou 30 anos | ||
310–340 | Fiachu Albust dos pictos | Reinou 1 ano | ||
340–344 | Canutulachama[2] | Reinou 4 anos | ||
344–345 | Dornornauch Nerales dos pictos | Reinou 1 ano | ||
345–347 | Uradech | Reinou 2 anos | ||
347–387 | Gartnait II | Reinou 40 anos | ||
387–412 | Talorc mac Achiuir | Reinou 25 anos | ||
412–452 | Drest I | Drest, fillo de Erp | Primeiro rei da lista da crónica picta cuxo reinado cadra cun sincronismo (a chegada de San Patricio a Irlanda; "gobernou un cento de anos e loitou un cento de batallas" | |
452–456 | Talorc I | Talorc, fillo de Aniel | Unha entrada na lista de reis; reinou 2 ou 4 anos | |
456–480 | Nechtan I | Nechtan, fillo de Uuirp (ou Erip), Nechtan o Grande, Nechtan Celcamoth | Posiblemente o irmán de Drest, fillo de Erp | A fundación dun mosteiro en Abernethy produciuse no seu reinado. Un nome semellante nehhtton(s) foi atopado na pedra de Lunnasting; un intérprete do cal suxeriu que contén a frase "o vasalo de Nehtonn" |
480–510 | Drest II | Drest Gurthinmoch (ou Gocinecht) | Unha entrada na lista de reis; reinou 30 anos | |
510–522 | Galan | Galan Erilich ou Galany | Unha entrada na lista de reis | |
522–530 | Drest III | Drest, fillo de Uudrost (ou Hudrossig) | Unha entrada na lista de reis | |
522–531 | Drest IV | Drest, fillo de Girom (ou Gurum) | Unha entrada na lista de reis | |
531–537 | Gartnait I | Garthnac, fillo de Girom ou Ganat, fillo de Gigurum | Unha entrada na lista de reis | |
537–538 | Cailtram | Cailtram, fillo de Girom ou Kelturan, fillo de Gigurum | Irmán do seu predecesor Gartnait | Unha entrada na lista de reis |
538–549 | Talorc II | Talorc, fillo de Murtolic ou Tolorg, fillo de Mordeleg | Unha entrada na lista de reis | |
549–550 | Drest V | Drest, fillo de Manath ou Drest, fillo de Munait | Unha entrada na lista de reis |
Reis históricos antigos
[editar | editar a fonte]O primeiro rei picto que aparece en múltiples fontes antigas é Bridei, fillo de Maelchon, e os reis do século VI en diante poden ser considerados históricos xa que as súas mortes aparecen reflectidas en fontes irlandesas.
Reinado | Rei | Outros nomes | Familia | Observacións |
---|---|---|---|---|
550–555 | Galam | Galam Cennalath | A morte de "Cennalaph, rei dos pictos" está rexistrada, e puido ter gobernado a carón de Bridei, fillo de Maelchon | |
554–584 | Bridei I | Bridei, fillo de Maelchon Brude, fillo de Melcho |
A súa morte e outras actividades están rexistrada, é nomeado na Vida de San Columba de Adomnán; é o primeiro rei picto que aparece nunha fonte que no sexa unha lista. | |
584–595 | Gartnait II | Gartnait, fillo de Domelch,[3] Gernard, fillo de Dompneth | ||
595–616 | Nechtan II | Nechtan, neto de Uerb[4] Nechtan, fillo de Cano[5] |
O seu reinado cadrou no tempo co papa Bonifacio | |
616–631 | Cinioch | Cinioch, fillo de Lutrin Kinet, fillo de Luthren |
||
631–635 | Gartnait III | Gartnait, fillo de Uuid[6] | Irmán dos seguintes dous reis | |
635–641 | Bridei II | Bridei, fillo de Uuid ou fillo de Fochle | Irmán do seu predecesor e do seu sucesor | |
641–653 | Talorc III | Talorc, fillo de Uuid ou fillo de Foth | Irmán dos dous reis anteriores | |
653–657 | Talorgan I | Talorgan, fillo de Eanfrith | Fillo de Eanfrith of Bernicia | |
657–663 | Gartnait IV | Gartnait, fillo de Donnel ou fillo de Dúngal | ||
663–672 | Drest VI | Drest, fillo de Donnel ou fillo de Dúngal |
Reis históricos posteriores
[editar | editar a fonte]Reinado | Rei | Outros nomes | Familia | Observacións |
---|---|---|---|---|
672–693 | Bridei III | Bridei, fillo de Bili | Fillo de Beli I de Alt Clut ou neto de Nechtan II | En guerra cos escotos en 683. Derrotou a Ecgfrith de Northumbria na Batalla de Dun Nechtain en 685. |
693–697 | Taran | Taran, fillo de Ainftech | Posiblemente un medio irmán de Bridei e Nechtan mac Der-Ilei | |
697–706 | Bridei IV | Bridei, fillo de Der-Ilei | Irmán de Nechtan | Fillo de Der-Ilei, unha princesa picta, e Dargart mac Finnguine, un membro de Cenél Comgaill de Dál Riata; listado como garante de Cáin Adomnáin |
706–724 | Nechtan IV | Nechtan, fillo de Der-Ilei | Irmán de Bridei | Adoptou a tradición romana da Pascua c. 712, sendo un salientable fundador de igrexas e mosteiros |
724–726 | Drest VII | Quizais medio irmán de Nechtan e Bridei | Sucedeu a Nechtan, aprisionouno en 726, e puido ser deposto ese mesmo ano por Alpín | |
726–728 | Alpín I | Probablemente gobernou a carón de Drest | ||
728–729 | Nechtan IV restituído |
Nechtan, fillo de Der-Ilei, segundo reinado | ||
729–761 | Óengus I | Onuist, fillo de Vurguist | Reivindicado como parente polo Eóganachta | |
736–750 | Talorcan II | Talorcan, fillo de Fergus | Irmán de Óengus | Quizais rei de Atholl; morto en batalla contra os britanos de Alt Clut |
761–763 | Bridei V | Bridei, fillo de Fergus | Irmán de Onuist | Rei de Fortriu |
763–775 | Ciniod I | Ciniod, fillo de Uuredach, Cinadhon | Crese que puido ser neto de Selbach mac Ferchair | Deulle asilo ó rei deposto Alhred de Northumbria |
775–778 | Alpín II | Alpin, fillo de Uuroid | A nova da súa morte chámao Eilpín, rei dos saxóns pero está considerado un erro | |
778–782 | Talorc II | Talorc, fillo de Drest | Nova da súa morte nos anais do Ulster | |
782–783 | Drest VIII | Drest, fillo de Talorgan | Fillo do anterior rei Talorgan, irmán de Óengus | |
783–785 | Talorc III | Talorgan, fillo de Onuist, tamén Dub Tholarg | Fillo de Óengus | |
785–789 | Conall | Conall, fillo de Tarla (ou Tadg) | Quizais puido ser rei de Dál Riata | |
789–820 | Caustantín | Caustantín, fillo de Fergus | Neto de Onuist ou quizais fillo de Fergus mac Echdach[7] | O seu fullo Domnall foi rei de Dál Riata |
820–834 | Óengus II | Óengus, fillo de Fergus | Irmán de Caustantín | |
834–837 | Drest IX | Drest, fillo de Caustantín | Fillo de Caustantín | |
834–837 | Talorc IV | Talorcan, fillo de Wthoil | ||
837–839 | Eógan | Eógan, fillo de Óengus | Fillo de Óengus | Morto en batalla en 839 xunto co seu irmán Bran contra os viquingos; levou a unha década chea de conflitos |
Reis dos pictos 839–848
[editar | editar a fonte]As mortes de Eógan e Bran levaron a unha época de conflito con moitos pretendentes ó trono dos pictos.
Reino | Rei | Outros nomes | Familia | Observacións |
---|---|---|---|---|
839–842 | Uurad | Uurad, fillo de Bargoit | Descoñecido | |
842–843 | Bridei VI | Bridei, fillo de Uurad | Posiblemente o fillo do rei anterior | Reinou 1 ano |
843 | Ciniod II | Kenneth, fillo de Ferath | Posiblemente o irmán do rei anterior | Reinou 1 ano |
843–845 | Bridei VII | Brudei, fillo de Uuthoi | Descoñecido | Reinou 2 anos |
845–848 | Drest X | Drest, fillo de Uurad | Fillo de Uurad | Reinou tres anos |
848– 13 de febreiro de 858 |
Cináed | Ciniod, fillo de Elphin Cináed mac Ailpín Kenneth MacAlpin |
Descoñecido, pero os seus descendentes dixéronse membros de Cenél nGabráin de Dál Riata |
Reis dos pictos tradicionalmente contados como reis dos escoceses
[editar | editar a fonte]Cináed mac Ailpín (Kenneth MacAlpin en inglés) derrotou ós reis rivais arredor dos anos 845–848. Tradicionalmente é considerado o primeiro "Rei dos escoceses", ou dos "Pictos e Escoceses", xa que supostamente conquistou ós pictos como un gael. Porén, a maioría dos estudosos modernos sinalan, que en realidade era "Rei dos Pictos", e os termos "Rei de Alba" ou "Rei dos Escoceses" non foi empregado até varias xeracións despois del.
Reino | Rei | Outros nomes | Familia | Observacións |
---|---|---|---|---|
Finado o 13 de febreiro de 858 | Cináed | Ciniod, fillo de Elphin Cináed mac Ailpín Coinneach mac Ailpein Kenneth MacAlpin Kenneth I |
Descoñecido, pero os seus descendentes consideráronse membros de Cenél nGabráin de Dál Riata | |
Finado en 862 | Domnall | Domnall mac Ailpín Dòmhnall mac Ailpein Donald MacAlpin Donald I |
Irmán de Cináed | |
Finado en 877 | Causantín | Causantín mac Cináeda Còiseam mac Choinnich Constantín mac Cináeda Constantine I |
Fillo de Cináed | |
Finado en 878 | Áed | Áed mac Cináeda Aodh mac Choinnich Aedth Edus |
Fillo de Cináed | |
Deposto en 889 ? | Eochaid | Fillo de Rhun ap Arthgal, e neto de Cináed | Asociado con Giric, puido ter compartido reinado con Giric, ben como iguais ou adversarios. Puido ter gobernado como rei de Strathclyde | |
Deposto en 889 ? | Giric | Giric mac Dúngail Griogair mac Dhunghail "Mac Rath" ("Fillo da fortuna") |
Neto de Cináed ? | Asociado con Eochaid |
Finado en 900 | Domnall | Domnall mac Causantín Dòmhnall mac Chòiseim Donald II "Dásachtach" ("O tolo") |
Fillo de Causantín mac Cináeda | Derradeiro en ser chamado "rei dos pictos" |
Rei de Alba
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Lista de reis de Escocia.
Reino | Rei | Outros nomes | Familia | Observacións |
---|---|---|---|---|
Abdicou en 943, finado en 952 | Causantín | Causantín mac Áeda Còiseam mac Aoidh Constantine II |
Fillo de Áed mac Cináeda | Primeiro rei de Alba, o reino despois coñecido como "Escocia". |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Os outros nomes só son achegados cando difiren significativamente
- ↑ Salway, Peter. "Kings of Pictland (Caledonia)". 2014. The History Files. Consultado o 13 de xuño de 2014.
- ↑ Bannerman, pp. 92–94, identifica este Gartnait con Gartnait, fillo de Áedán mac Gabráin, fundador da "genus Gartnait" de Skye.
- ↑ Woolf, "Pictish matriliny reconsidered, pp. 160–161, suxire que no canto de "neto de Uerb" debería considerarse fillo de Uerb.
- ↑ Para a identificación como fillo de Cano, neto de Áedán mac Gabráin, véxase Bannerman, pp. 92–93.
- ↑ Outra lista de nomes chámao Nechtan, fillo de Fochle.
- ↑ Neto de Onuist per Broun, "Pictish kings", fillo de Fergus mac Echdach en obras antigas.