Roberto III de Escocia
Roberto III nado en 1340 e finado o 4 de abril de 1406. Rei de Escocia entre 1390 e 1406.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Foi o primoxénito do rei Roberto II de Escocia e Elizabeth Mure.
No 1368 o rei David II de Escocia, nomeouno duque de Carrick e comezou a formar parte do goberno do reino a partir de 1387, cando unha patada de cabalo incapacitouno. Probablemente a consecuencia deste accidente o seu irmán Roberto Estuardo, conde de Fífe, e non el, o Príncipe herdeiro, fíxose garda do reino no1389; pero só subiu ao trono trala morte do seu pai en maio de 1390.
Rei de Escocia
[editar | editar a fonte]Cambiou o seu nome de pía, Xoán, impopular naquel tempo por recordar a Xoán de Balliol, polo de Roberto. Foi coroado en agosto de 1390 como Rei Roberto III de Escocia. Aínda que probablemente asistira a varios parlamentos, o novo rei foi so visto nominalmente como o xefe de Escocia, posto que o verdadeiro poder encontrábase en mans do seu irmán Roberto.
Morreu no Castelo de Rothesay en 1406.
Foi sucedido polo seu fillo Xacobe.
Matrimonio
[editar | editar a fonte]En 1367, Roberto III de Escocia casou con Anabella Drummond, filla de Sir John Drummond de Stobhall e de María Montifex. Desta unión naceron:
- David Estuardo (¿? - 1402), duque de Rothesay (herdeiro ao trono escocés).
- Xacobe Estuardo (1394 - 1437).
Predecesor: Roberto II |
Rei de Escocia 1390 - 1406 |
Sucesor: Xacobe I |