Saltar ao contido

Litoral (revista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Litoral
PaísEspaña
LugarMálaga
Lingualingua castelá
Fundación1926
Circulación
ISSN0212-4378
OCLC915049137
Na rede
http://www.edicioneslitoral.com/index.php
BVPH: 1010578 Dialnet: 9709
editar datos en Wikidata ]

Litoral é unha revista cultural fundada en Torremolinos, Provincia de Málaga, en 1926 por Emilio Prados e Manuel Altolaguirre.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Dedicada en exclusiva á poesía nos seus comezos, o primeiro número apareceu en outono de 1926 con colaboracións de Federico García Lorca, José Bergamín, Jorge Guillén e Gerardo Diego entre outros, configurándose o que se coñece como a Xeración do 27.

No número 2, con portada do pintor Benjamín Palencia, colaboran Luis Cernuda e Ramón Gómez de la Serna. E nos sucesivos números e suplementos, Rafael Alberti, Dámaso Alonso, Vicente Aleixandre, Manuel de Falla, Juan Gris, Pablo Picasso, Salvador Dalí etc.

Interrompida pola Guerra Civil Española, volveu aparecer en Málaga en 1968. Na actualidade edítase en Torremolinos.

En 1996 publicou un monográfico sobre poesía galega titulado Poesía gallega contemporánea, Galicia: a rosa dos ventos editado por Luciano Rodríguez e Antonio J. Millán.[1] O volume incluía un artigo do propio A. J. Millán titulado «Finisterre, viejo mundo», alén de poemas de Luis Pimentel, Fermín Bouza-Brey, Manuel Antonio, Ramón Cabanillas, Lorca e Rosalía entre outros autores, e artigos de críticos, escritores e filólogos galegos.[2][3]

  1. Rodríguez, L., & Millán, A. J. (Eds.). (1996). "Poesía gallega contemporánea" (Nº. 209-210). Litoral.
  2. "LITORAL, 209-210: Poesía gallega contemporánea. Edición de Luciano RODRÍGUEZ y Antonio JIMÉNEZ MILLÁN". casadellibro (en castelán). 2016-10-12. Consultado o 2025-01-31. 
  3. "Poesía gallega contemporánea". www.uniliber.com. Consultado o 2025-01-31. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]