Saltar ao contido

Liza Lapira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLiza Lapira

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de decembro de 1981 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
Queens, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de televisión, actriz de cinema, actriz de teatro Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1999 Editar o valor en Wikidata -

IMDB: nm0487594 Allocine: 113649 Allmovie: p321630 TV.com: people/liza-lapira
Twitter: lizalapira Musicbrainz: 10932892-eb47-491e-aef5-2ad3c0e28e59 Editar o valor en Wikidata

Liza Lapira, nada en Nova York o 3 de decembro de 1981[1] é unha actriz norteamericana.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Liza Lapira naceu no barrio de Queens de pais filipinos[2]. En Nova York actuou na escena teatral en obras como Ao voso gusto, The School for Wives, Odisea, e na obra de Alexandra Cunningham No. 11 Blue and White. No ano 2004 trasladouse aos Ángeles[1] e o seu primeiro papel relevante foi na serie de televisión Huff, de Showtime, que tivo a súa estrea o 7 de novembro de 2004 e que se mantivo dúas tempadas. Lapira apareceu en series tan recoñecidas como Grey's Anatomy (2006), Monk (2007) Dexter (2008) ou ER (2008). No filme 21 de 2008 deu vida a unha das protagonistas, Kianna e tivo un papel relevante en Fast & Furious en 2009. Na serie NCIS entre 2006 e 2008 apareceu en 12 episodios como a axente Michelle Lee e en Dollhouse (2009/10) deu vida á neurocientífica Yvy. Tamén tivo papeis habituais en Traffic Light (2011), Don't Trust the B---- in Apartment 23 (2012/13), Battle Creek (2015), Cooper Barrett's Guide to Surviving Life (2016), 9JKL (2017/18) e Unbelievable (2018).

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 "Liza Lapira". tv.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2020. Consultado o 08 de agosto de 2020. 
  2. "Liza Lapira finds her spotlight". Philippine Daily Inquirer. 8 de novembro de 2013.