Llanos
(es) Llanos | |||||
Tipo | ecorrexión da WWF | ||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Características | |||||
Superficie | 375.787 km² | ||||
Medicións | |||||
Clima | Neotrópico | ||||
Os Llanos son unha rexión do norte de Suramérica repartida entre Venezuela e Colombia, na conca do Orinoco.
É unha ecorrexión e ecosistema que forma parte do proxecto Global 200, que inclúe ecosistemas prioritarios para a conservación da Natureza do World Wide Fund for Nature (WWF).
Ten dúas estacións climatolóxicas ben marcadas, a estación de chuvia e a estación de seca, e caracterízase polas súas extensas sabanas, e o seu clima intertropical de sabana (na clasificación climática de Köppen, que é húmido e caloroso, exceptuando nos llanos altos, con clima máis suave), con altas temperaturas en xeral.
A rexión, por situarse no interior e, polo tanto, en ausencia de influencia marítima, permite unha maior amplitude térmica diaria que nas zonas costeiras; as temperaturas máis baixas rexístranse na época de chuvias, e polo tanto en agosto adoitan rexistrarse temperaturas máis baixas que en xaneiro, pero a amplitude térmica anual é, de todos os xeitos, pouco significativa en xeral.
A importancia económica dos Llanos débese a que esta é unha rexión apta para a gandería extensiva e para a agricultura. Tamén existe unha importante actividade petroleira nos estados venezolanos de Anzoátegui, Apure, Barinas, Guárico e Monagas, e nos departamentos colombianos de Arauca, Casanare, Vichada e Meta.
O principal ritmo musical dos Llanos é o joropo.
División político-administrativa
[editar | editar a fonte]Os Llanos forman parte do territorio de dous países: Colombia (onde conforman a rexión da Orinoquía, e onde se lles dá o nome de Llanos Orientais), e Venezuela. A división político-administrativa é:
En Venezuela
[editar | editar a fonte]No territorio venezolano, os Llanos están conformados polos estados Apure (excepto o Municipio Páez), Barinas, excepto os municipios Cruz Paredes e Bolívar, Portuguesa, Cojedes, Guárico, Anzoátegui e Monagas. Os Llanos venezolanos concentran o 14% dos habitantes do país. En Venezuela os Llanos divídense en tres rexións:
- Llanos Occidentais: conformada polos estados Apure, Barinas e Portuguesa, que son os que máis comunmente adoitan identificarse cos Llanos venezolanos.
- Llanos Centrais: rexión llanera que se encontra nos estados Guárico e Cojedes, no centro do país.
- Llanos Orientais: rexión conformada por boa parte dos estados Anzoátegui e Monagas.
Das 24 entidades federais do país, sete son dos Llanos:
- Apure
- San Fernando de Apure - Capital do Estado, con 152 000 habitantes (Censo de 2009).
- Elorza - Capital do Municipio Rómulo Gallegos, que conta con aproximadamente 22 000 habitantes.
- Cidade Sucre - Inaugurada durante a presidencia de Rafael Caldera, aproximadamente 10 000 habitantes.
- Barinas
- Barinas - Capital do Estado, con 263 272 habitantes.
- Socopó - aproximadamente 75 000 habitantes.
- Santa Bárbara - aproximadamente 65 000 habitantes.
- Portuguesa
- Cojedes
- San Carlos - Capital do Estado, con 173 957 habitantes (Censo do 2009).
- Tinaquillo - Contaba con 113 584 habitantes no 2009.
- Guárico
- Valle de la Pascua - 150 918 habitantes no 2001.
- San Juan de Los Morros - Capital do Estado, con 147 029 habitantes no 2009.
- Calabozo - Con 212 477 habitantes no 2009.
- Altagracia de Orituco - 67 927 habitantes no 2009.
- Zaraza - 138 642 habitantes no 2009.
- Tucupido - 30 938 habitantes no 2009.
- Anzoátegui
- Barcelona - Capital do Estado, con 379 984 habitantes no 2009; forma unha conurbación con Puerto la Cruz, Lechería e Guanta, que tiña uns 800 000 habitantes no 2001, aínda que non se considera unha cidade llanera debido á proximidade da costa do mar Caribe; porén tras algúns quilómetros por estrada pode chegarse aos Llanos Orientais.
- El Tigre - 247 800 habitantes no 2009.
- Anaco - 167 172 habitantes no 2009.
- San José de Guanipa - 64 016 habitantes no 2009.
- Cantaura - 59 189 habitantes no 2009.
- Monagas
- Maturín - Capital do Estado, con 504 649 habitantes no seu municipio en 2009.
- Punta de Mata - 52 122 habitantes en 2009.
- Temblador - Capital do Municipio Libertador e encrucillada aos demais municipios do Sur deste Estado, con 37 804 habitantes en 2009.
En Colombia
[editar | editar a fonte]No territorio colombiano son catro os departamentos que abarcan case a totalidade da Orinoquía ou Llanos Orientais: Arauca, Casanare, Vichada e Meta. Porén nalgunhas partes o Llano esténdese máis alá do río Guaviare cara aos departamentos do Guainía e Guaviare, se ben estes son considerados maioritariamente amazónicos.
Aínda que os Llanos Orientais son unha extensa rexión que abarca o 28% da superficie de Colombia, están bastante deshabitados. Case a metade dos seus poboadores habita en Villavicencio, a cidade máis grande da rexión. Os departamentos e cidades máis importantes do Llano colombiano, de norte a sur, son:
- Arauca
- Casanare
- Yopal - Capital departamental do Casanare, con 119 692 habitantes.
- Aguazul - Importante municipio petroleiro do Casanare, conta con 36 335 habitantes.
- Tauramena - Municipio petroleiro onde está o pozo de Cusiana, ten 19 191 habitantes.
- Orocué - Antigo porto do Llano, neste municipio deuse orixe á novela La Vorágine. Actualmente non ten maior importancia. pero si moito potencial turístico.
- Paz de Ariporo - Municipio que conta coa maior cabana gandeiro do Casanare, ten 33 446 habitantes.
- Villanueva - Importante municipio que se encontra sobre a marxe do río Meta, ten 23.226 habitantes.
- Meta
- Villavicencio - Capital do departamento do Meta, é a cidade máis importante da Orinoquía, ademais de ser un punto estratéxico xa que comunica a capital do país cos Llanos. Conta cunss 600 000 habitantes.
- Granada - Encóntrase a 80 km de Villavicencio e é a segunda cidade máis turística do Meta; é a capital da rexión do Ariari. Ten 60 964 habitantes.
- Puerto López - Importante porto sobre o río Meta e importante municipio petrolífero do Meta. Cerca deste municipio encóntrase o centro xeográfico de Colombia. Ten 28 922 habitantes.
- Puerto Gaitán - Importante porto sobre o río Meta e importante municipio petrolífero do departamento, con 17 310 habitantes.
- Acacías - A uns 25 km de Villavicencio, conta con 54 753 habitantes.
- San Martín de los Llanos - Un dos municipios máis antigos do país, fundado en 1585. Ien 21 511 habitantes.
- Vichada
- Puerto Carreño - Capital departamental do Vichada. A súa poboación ascende aos 10 034 habitantes.
Infraestruturas
[editar | editar a fonte]- A ponte internacional José Antonio Páez, que une as cidades de El Amparo en Venezuela e Arauca en Colombia, é unha das obras de infrestrutura máis importantes da rexión.
- A estrada marxinal da selva, que se encontra en estado de construción, é un proxecto que busca integrar a rexión dos Llanos coa rexión amazónica dos países andinos.
- A autoestrada ao Llano, que comunica a cidade de Villavicencio con Bogotá, duns 80 km. Logrou reducir o tempo da viaxe de 6 horas a 1 hora e 30 minutoa aproximadamente.
- A autoestrada dos Llanos José Antonio Páez, de máis de 200 km, conecta varios estados llaneros de Venezuela co centro do país.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Llanos |