Lo más sublime
![]() | Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Lo más sublime | |
---|---|
![]() Fotograma do filme. | |
Ficha técnica | |
Director | Josep Enric Ponsa |
Produtor | Llorenç Arché Codina |
Guión | Josep Enric Ponsa |
Intérpretes | Antonio B. de Vila Mercedes Doménech Rosita Ponsa Lina Vivarelli Antonio Granell |
Fotografía | Antonio Burgos |
Montaxe | Ramón Moore Puigdollers José Navarro |
Estrea | 1927 |
Duración | 60 min, 1614 metros |
Orixe | ![]() |
Na rede | |
![]() ![]() |
Lo más sublime ou Respetad a los señores maestros[1] (O máis sublime ou Respectade os profesores) é un filme mudo catalán inédito producido en 1927 en Barcelona[2] por Producciones E.L.A.[3] O drama, dirixido por Josep Enric Ponsa, foi realizado por un grupo de afeccionados emprendedores que rodou a película durante as fins de semana de catro meses en diferentes lugares da Costa Brava,[4][5][6] principalmente en Blanes. A película incorpora as preocupacións sociais do tempo incorporando unha visión anarquista da necesidade educativa que o país sufría.[1]
Argumento
[editar | editar a fonte]En San Cebrian, unha cidade costeira, Rosa esperaba a volta do seu marido pescador, coa súa filla Nuri e o seu afillado Sardinilla, cando foi atopado morto despois dunha tempestade. Os amigos da familia, Antonio e Rosita, acompañados por Sardinilla, deciden buscar un tesouro coa axuda dun mapa que conservaba Rosita. Os seus inimigos, Tomás e Andrés, intentarán facerse con el mediante un engano. Andres, alén de arelar a Rosita, a amada de Antonio, é unha vítima da cobiza de Tomás, e, ferido, volverá ao bo camiño grazas a Antonio e a Sardinilla.[7]
Personaxes
[editar | editar a fonte]Personaxe | Actor | Pseudónimo de |
---|---|---|
Antonio[8] | Antonio B. De Vila | Antonio Burgos |
Rosa | Mercedes Doménech | |
Ana Maria | Rosita Ponsá | |
Clara | Lina Vivarelli | |
Andrés, el traïdor | Antonio Granell | |
Carlos, el Sardinilla | Valeriano Cortés | |
Juan | Jaime Reixach | Jaume Ponsá Doménech |
Gaspar | Julio Paya | |
Ibo, capitán da escuna | Eduard de C. Tarragó | Josep Maria Casals Tarragó |
Lucas | Enrique Filló | |
Niña Nuri | Nuria Burgos |
Sobre a película
[editar | editar a fonte]A película foi realizada por Producciones E.L.A., unha empresa de nova creación que só realizou este filme.[3] Llorenç Arché Codina foi un dos promotores como produtor, xunto con Josep Enric Ponsá como director, Antonio Burgos como decorador[9] e Josep Maria Casals Tarragó como produtor executivo e actor.[5]

Foi filmado na década de 1920, cando a paisaxe da Costa Brava comezaba a ser de interese para os cineastas. Xunto con Lo más sublime, tamén foron filmados á vez: Lillian (1921), Entre Marinos (1920), O místico (1926), Baixant de la font del gat (1927) etc.[6] Os exteriores foron filmados en Blanes e na costa entre Blanes, Lloret de Mar e Tossa de Mar. No inicio do filme ofrécese unha visión xeral de San Cebrian tirada dende a rocha Sa Palomera, en Blanes, considerado o principio da Costa Brava.[10]
O 20 de setembro de 1927[8] realizouse unha proxección en probas para a crítica, que aconsellou recortar e eliminar intertítulos así como suprimir algunhas escenas da película antes de presentala ao público.[3] Con estas modificacións augurábase un grande éxito en España e a posibilidade de éxito no exterior.[11] Estreouse no Teatre Novedades o 9 de xullo de 1928.
En 1992, unha copia da película almacenada no formato orixinal de nitrocelulosa polos fillos do director, Albert e Josep Mª Casals Martorell foi recuperada[12] pola Filmoteca de Catalunya que a transferiu a un formato que garantise a súa seguridade. O 31 de xaneiro de 1994 reestreouse Lo más sublime[5][13] no Cine Alcázar, acompañado ao piano por Juan Pineda e coincidindo coa apertura da exposición en Barcelona de material publicitario entre 1925 e 1936 da empresa catalá de distribución Mundial Film.[14]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Porter i Moix, Miquel (1990). 1895-1990. Historia del cinema a Catalunya. Barcelona: Generalitat de Catalunya. p. 175. Consultado o 27 de xaneiro de 2014.
- ↑ Suarez Guillen, Antonio (16 de xuño de 1927). "¿Se incorpora Barcelona a la industria cinematográfica española?". Popular Film (en castelán) (Barcelona). Ano II (46): 5, 6. Consultado o 8 de febreiro de 2014.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 P. de F. (24 de setembro de 1927). "Una primera producció. La E.L.A. presenta "Lo más sublime"" [Unha primeira produción. E.L.A. presenta "Lo más sublime"]. La Publicitat (en catalan) (Barcelona). Ano XLIX (16699): 8–9.
- ↑ "La Costa Brava, escenario de Lo más sublime" [A Costa Brava, o escenario para Lo más sublime]. Popular Film (en castelán) (Barcelona). Ano II (60): 1, 27, 28. 16 de xuño de 1927. Consultado o 8 de febreiro de 2014.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 De La Riva, Pere (31 de xaneiro de 1994). "Lo más sublime. Suplement al programa nº19". El Fons de l'Arxiu. Filmoteca de Catalunya (en catalán) (Barcelona: Generalitat de Catalunya). Curs 1993-1994.
- ↑ 6,0 6,1 Molinas i Falgueras, LLuís (2009). Costa Brava, plató de cinema [Costa Brava, escenario de cinema] (en catalán). Girona: Brau Edicions. p. 15. ISBN 978-84-613-4243-3.
- ↑ Portell i del Pozo, Rosa (1998). Lo más sublime (1927), d´Enrique Ponsa (en catalan). Xirona: Curs de doctorat. Any del bienni 1998-1999 (Universidade de Xirona).
- ↑ 8,0 8,1 "Producciones E.L.A.". Arte y Cinematografía (en castelán). Ano XVIII (317-318): 64. Set/Out 1927. Consultado o 8 de febreiro de 2014.
- ↑ Santos Cantero, Mateo (18 de agosto de 1927). "La industria del celuloide en España". Popular Film (en castelán). Ano II (55): 5. Consultado o 8 de febreiro de 2014.
- ↑ Gómez Martínez, Ferran (1996). Lo más sublime. Historia del cinema fins a 1930 (en catalán). Barcelona: Universitat de Barcelona.
- ↑ "Proyecciones de Prueba. Lo más sublime.". Popular Film (en castelán). Ano II (61): 7. 29 de setembro de 1927. Consultado o 8 de febreiro de 2014.
- ↑ Riambau, Esteve (1 de febreiro de 1994). "La Filmoteca recupera una cinta catalana inèdita dels anys 20 titulada 'Lo más sublime'". Diari AVUI (en catalán). Ano XVIII (5844): 42.
- ↑ Gimenez i Riba, Anton. "Lo más sublime. Suplement al programa nº19". El Fons de l'Arxiu. Filmoteca de Catalunya (en catalán) (Barcelona: Generalitat de Catalunya). Curs 1993-1994.
- ↑ Mercadé, J. (2 de febreiro de 1994). "Cine Club Sabadell, primera entitat local que exporta una exposició a Barcelona". Diari de Sabadell (en catalán). Ano XVIII (3669): 4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Portell i del Pozo, Rosa (1998). Lo más sublime (1927), d´Enrique Ponsa (en catalán). Xirona: Curs de doctorat. Any del bienni 1998-1999 (Universidade de Xirona).
- Gómez Martínez, Ferran (1996). Lo más sublime. Historia del cinema fins a 1930 (en catalán). Barcelona: Universidade de Barcelona.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Repositori digital da Filmoteca de Catalunya (en catalán)