Locust Abortion Technician
Locust Abortion Technician | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Butthole Surfers | ||||
Publicado | marzo de 1987 | |||
Gravación | 1985 - 1986 | |||
Duración | 32:34 | |||
Xénero(s) | noise rock, rock psicodélico, rock experimental, avant-garde | |||
Selo(s) | Touch and Go Records | |||
Produtor | Butthole Surfers | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Locust Abortion Technician é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de rock experimental Butthole Surfers, publicado en marzo de 1987 a través do selo Touch and Go Records. Todas as cancións foron compostas e producidas por Butthole Surfers, agás "Kuntz", dos artistas tailandeses Phloen Phromdaen e Kong Katkamngae, que orixinalemnet non apareceron acreditados. O álbum foi lanzado orixinalmente como un vinilo por Touch and Go, e foi remasterizado e reeditado en CD por Latino Buggerveil en 1999.
A ilustración da portada de Locust Abortion Technician de dous pallasos xogando cun can foi pintada por Arthur Sarnoff, e foi titulada "Fido and the Clowns".
Kurt Cobain listouno entre os seus 50 mellores discos de todos os tempos.[1][2] Tamén aparece no libro de Robert Dimery 1001 Albums You Must Hear Before You Die.[3] En 2018 Pitchfork incluíu o álbum na súa lista dos "200 mellores álbums dos 80".[4]
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Todos os temas compostos e producidos por Butthole Surfers, agás onde se indique.
- Cara A
N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "Sweat Loaf" | 6:09 |
2. | "Graveyard" | 2:27 |
3. | "Pittsburgh to Lebanon" | 2:29 |
4. | "Weber" | 0:35 |
5. | "HAY" | 1:50 |
6. | "Human Cannonball" | 3:51 |
- Cara B
N.º | Título | Duración |
---|---|---|
7. | "U.S.S.A." | 2:14 |
8. | "The O-Men" | 3:27 |
9. | "Kuntz" (escrita por Kong Katkamngae, interpretada por Phloen Phromdaen [non acreditado]) | 2:24 |
10. | "Graveyard" | 2:45 |
11. | "22 Going on 23" | 4:23 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "“Top 50 by Nirvana” | Journal // Joyful Noise Recordings". web.archive.org. 2014-10-18. Archived from the original on 18 de outubro de 2014. Consultado o 2019-11-13.
- ↑ Cross, Gaar, Gendron, Martens, Yarm (2013). Nirvana: The Complete Illustrated History. p. 145. ISBN 978-0-7603-4521-4
- ↑ Robert Dimery; Michael Lydon (7 February 2006). 1001 Albums You Must Hear Before You Die: Revised and Updated Edition. Universe. ISBN 0-7893-1371-5
- ↑ "The 200 Best Albums of the 1980s". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-11-13.