Lohengrin
Aparencia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/48/Lohengrin-kitsch.jpg/220px-Lohengrin-kitsch.jpg)
Lohengrin, dito o cabaleiro do cisne, é un personaxe da lenda artúrica, fillo de Perceval (Parsifal). É un dos cabaleiros do Santo Graal, enviado nun bote arrastrado por cisnes para rescatar unha dama a que nunca lle poderá preguntar o nome. A súa historia é unha reelaboración da lenda do Cabaleiro do Cisne.
É o heroe da ópera Lohengrin de Richard Wagner.