Lombo de porco
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Raxo.
O lombo de porco, ou raxo,[1] é cada unha das dúas pezas da carne do porco ao longo do espiñazo e sobre as costelas do animal. Adoita ter unha forma cilíndrica.
Formas de consumilo
[editar | editar a fonte]É frecuente consumilo como embutido, secado ao aire, ou cociñado de diversas formas, en adobo ou sen el; asado, guisado ou en filetes.
Na cociña castelá e frecuente encontralo en forma de bocadillo pequeno, que se denomina montado de lomo ou montadito de lomo.
Na cociña galega é moi frecuente, e moi popular, cociñado en anacos pequenos en forma de dados, adobado ou sen adobar, e coñecido como raxo por antonomasia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para raxo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Raxo con patatas y pimientos de Padrón en recetasderechupete.com (en castelán).
- Festa do raxo. Ponteceso Turismo. Deputación da Coruña (en galego), (en castelán).
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|