Lontreira
Lontreira | |
---|---|
Orixe | A Illa de Arousa, Moaña e Meis, Galicia |
Período | 2022 - presente |
Xénero(s) | cumbia, música electrónica |
Membros | Adriana Cores Héctor Rodríguez Iván Barral |
Na rede | |
https://lontreira.gal/ | |
Lontreira é unha banda musical galega integrada por Adri Coyote (Adriana Cores da Illa de Arousa)[1] Rotce (Héctor Rodríguez de Moaña) e Iván Barral de Meis. Defínense dicindo que non teñen xéneros musicais e que traen dende ritmos caribeños como a cumbia ata sons máis eléctricos.[2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 2022 gañaron o concurso da CRTVG á canción do verán con "Corazón de Toxo". A principios de 2023 sacaron o seu primeiro disco: Apnea, que presentaron na Illa de Arousa.[2] En 2023 participaron no Atlantic Fest, a Festa do marisco do Grove e a Festa do albariño entre moitos outros, e en 2024 no Caudal Fest, fiv de Vilalba ou no Revenidas. Lontreira continuou coa súa xira Fenestra en 2024.
Distincións
[editar | editar a fonte]En 2024 foron nomeados aos Premios Martín Códax da Música na categoría de eléctronica.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Sinxelos e EPs
[editar | editar a fonte]- "A Fonte" (2022)
- "Corazón de Toxo" (2022)[4]
- "Ata a Volta" (2023)
- "Rave de toxo" (2023)
- "Lentes de Lúa" (2023)
- "Campo da Festa" (2023)
- "Calquer 24 decembro" (2023)
- "Ser Humano" (2024)
- "Campo da festa" - Kike Varela remix (2024)
- "QUE BAILE! QUE BAILE! QUE BAILE!", ft. Los Jinetes del Tropico (2024)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Adriana Cores, de Lontreira: «Somos uns privilexiados. Non coñezo a ninguén que empezara así»". lavozdegalicia.es. Consultado o 2023.
- ↑ 2,0 2,1 "Atentos a Lontreira, canción do verán e un 2023 con disco debut e moitos concertos". pontevedraviva.com. Consultado o 2023.
- ↑ "Lontreira. Vivir entre dous mundos". praza.gal. Consultado o 2023.
- ↑ De Adri Coyote, Rotce e La Quinkillada.