Lora Iakovleva
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de abril de 1932 ![]() Perm, Rusia ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Rusia Unión Soviética ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xadrecista por correspondencia , xadrecista ![]() |
Lingua | Lingua rusa ![]() |
Nacionalidade deportiva | Rusia Unión Soviética ![]() |
Deporte | xadrez ![]() |
Título de xadrecista | Woman Master of Sport of USSR in Chess (en) ![]() International Correspondence Chess Master (en) ![]() Lady International Correspondence Chess Grand Master (en) ![]() ![]() |
Lora Grigorievna Iakovleva (en ruso: Лора Григорьевна Яковлева), nada en Perm o 21 de abril de 1932, é unha xadrecista rusa. Foi campioa do mundo de xadrez por correspondencia .
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Iakovleva comezou a xogar ao xadrez aos 19 anos. Clasificouse en varias ocasións para o Campionato Feminino da RSFSR.
Xadrez por correspondencia[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f4/ICCF_Women_World_Correspondence_Championship_I.jpeg/220px-ICCF_Women_World_Correspondence_Championship_I.jpeg)
O seu primeiro éxito significativo foi un 5º posto nas semifinais do Campionato da URSS. En 1972 quedou terceira no 1º Mundial Feminino.[1] Na segunda edición, en 1977, gañou o título de campioa mundial feminina. Cunha puntuación de 9,5/11 empatou no primeiro posto coa entón defensora do título, Olga Rubtsova. Porén, Iakovleva recibiu o título tras seren recalculadas as puntuacións.
Nas segundas Olimpíadas Femininas de Xadrez por Correspondencia (1980–1986) gañou a medalla de ouro para o equipo soviético. Formaban parte del, amais de ela mesma, Olga Rubtsova, Marta Litinskaia e Ludmila Belavenets.[2]
Vida privada[editar | editar a fonte]
Iakovleva traballou como enxeñeira física en Perm. Ten dous fillos.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "ICCF Frauen Fernschach Weltmeisterschaft". TeleSchach (en alemán).
- ↑ "ICCF Correspondence Chess Olympiad / Fernschach Olympiade". TeleSchach (en alemán).