Lou (cantante)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Marie-Luise Hoffner 27 de outubro de 1963 (61 anos) Waghäusel, Alemaña |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Período de actividade | 1988 - |
Xénero artístico | Schlager |
Instrumento | Voz |
Participou en | |
2003 | Festival de Eurovisión 2003 |
Sitio web | louhoffner.beepworld.de |
Louise Hoffner, nada en Waghäusel o 27 de outubro de 1963, é unha cantante pop alemá, máis coñecida co nome artístico de Lou .
Festival da Canción de Eurovisión 2003
[editar | editar a fonte]Lou probou os seus talentos nas finais nacionais para o Festival da Canción de Eurovisión do 2000, rematando en terceiro lugar. Pouco antes do Nadal do 2002, o compositor Ralph Siegel preguntoulle se estaría interesada en participar nas finais nacionais outra vez coa canción que escribira co escritor Bernd Meinunger. Despois de escoitar "Let's Get Happy", Lou era entusiasta: "Este é o meu tipo de canción, e ademais é o lema da miña vida!".
O 7 de marzo do 2003 gañou as finais nacionais e cualificouse para representar a Alemaña a nivel internacional en Riga. Rematou en 12º lugar no Festival da Canción de Eurovisión 2003.[1] En marzo do 2006, fixo unha presentación especial na preselección dese ano cantando "Let's Get Happy" nun popurrí de cancións alemás do Eurovisión pasadas.