Saltar ao contido

Moondog

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Louis Thomas Hardin»)
Modelo:BiografíaMoondog

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Louis Hardin Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Louis Thomas Hardin Editar o valor en Wikidata
26 de maio de 1916 Editar o valor en Wikidata
Marysville, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte8 de setembro de 1999 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Münster, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaZentralfriedhof Münster (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónHurley High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónartista urbano, músico de jazz, cantante, compositor, poeta, inventor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1932 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoJazz de vangarda, Música minimalista e Outsider music (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioMoondog Editar o valor en Wikidata
InstrumentoTeclado, Instrumento de percusión e Tambor Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoEpic Records Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteUbuWeb
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webmoondog-music.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0600697 BNE: XX5578800 Last fm: Moondog Musicbrainz: 0b8dff0b-ce42-4cc6-afd1-1841f7781ed4 Songkick: 124803 Discogs: 263532 Allmusic: mn0000496525 Find a Grave: 26814969 Deezer: 2740 Genius: Moondog Editar o valor en Wikidata


Louis Thomas Hardin, nado en Marysville, Kansas, o 26 de maio de 1916 e finado en Münster, Alemaña, o 8 de setembro de 1999, foi un músico e poeta cego estadounidense, coñecido co pseudónimo de Moondog. Inventou numerosos instrumentos musicais.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Moondog quedou cego aos 17 anos cando un potente petardo estoupou na súa cara. Decidiu retirarse da sociedade e en 1943 foi vivir ás rúas de Nova York, onde pasou vinte dos trinta anos que botou nesa cidade. Vestía exclusivamente roupa que el mesmo facía baseándose na súa propia interpretación do deus nórdico Thor, polo que foi coñecido durante anos como "o viquingo da Sexta Avenida". Converteuse nun dos máis famosos músicos de rúa. Non obstante, a música e o talento de Moondog non foron apreciados polo gran público até os derradeiros anos da súa vida.

Editou máis de 30 discos, interpretados con músicos de renome como Philip Glass ou Steve Reich, que o recoñecen como un dos creadores do minimalismo musical, cousa que Moondog rexeitou dicindo que "Bach xa facía minimalismo nas súas fugas. Entón, que hai de novo?".[2] Tamén gravou un álbum coa actriz e cantante británica Julie Andrews.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Moondog estivo casado cinco anos con Virginia Sledge, até 1947. En 1952, casou con Mary Suzuko Whiteing, unha nai solteira americano-xaponesa que se trasladara a Nova York ese mesmo ano coa súa nai. Hardin e Suzuko coñecéronse nas rúas de Nova York, ela ficou fascinada co aspecto do músico e el coa voz dela. Casaron e en 1953 tiveron unha filla chamada June Hardin. Un xornal publicou unha coñecida fotografía de Moondog tocando a frauta na azotea, serenando a Suzuko.[3] O matrimonio durou oito anos. Moondog tamén tivo outra filla, Lisa Colins, fóra do matrimonio.[4]

  1. "Encyclopedia of Invisibility — Moondog, Hardin Louis Thomas". www.encyclopediaofinvisibility.com (en inglés). Consultado o 2024-11-05. 
  2. Jeffries, Stuart (2003-11-17). "The marvellous life of Moondog". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2024-11-05. 
  3. "Chapter 3 of Moondog: Viking of Sixth Avenue by Robert Scotto - The 3rd Page". www.emptymirrorbooks.com. Consultado o 2024-11-05. 
  4. "Louis Thomas "Moondog" Hardin Jr. (1916–1999)". Encyclopedia of Arkansas (en inglés). Consultado o 2024-11-05. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.