Lourdes Ucha Varela
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1969 ![]() Simes, España ![]() |
![]() | |
29 de novembro de 2012 – 2019 ← Jorge Domínguez Rosal – Carlos Viéitez Fernández → ![]() | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Meaño ![]() |
Ocupación | política ![]() |
Lourdes Ucha Varela, nada en Simes (Meaño)[1] en 1969, é unha política galega do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Diplomouse en Maxisterio, aínda que non chegou a exercer, comezando a súa carreira política con 26 anos, ao ser elixida como edil na corporación municipal de Meaño en 1995, dentro da candidatura de Independientes de Meaño do alcalde Jorge Domínguez Rosal. A partir de 1999 pasou a formar parte da comisión de goberno. Trala integración de Domínguez no PPdeG en decembro do 2001 pasou a formar parte desta formación. A partir de 2003 pasou a ocupa-lo cargo de tenente de alcalde, sendo ademais responsable das áreas social e educativa do goberno municipal.
Tras o falecemento en novembro de 2012 de Jorge Domínguez, perfilouse como a nova alcaldesa de Meaño,[2] sendo elixida o 29 de novembro.[3] En 2015 encabezou a candidatura do PPdeG e foi reelixida alcaldesa con maioría absoluta, se ben pasou de 10 a 7 concelleiros. En decembro de 2018, tras diversos problemas internos no seo do partido, anunciou que non concorrería á reelección nos comicios de 2019. Desta forma foi substituída á fronte da formación, e posteriormente da alcaldía, por Carlos Viéitez Fernández.
Predecesor: Jorge Domínguez Rosal |
![]() Alcaldesa de Meaño 2012 - 2019 |
Sucesor: Carlos Viéitez Fernández |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Jorge Domínguez me pidió que estuviera a su lado tras descubrir su enfermedad", artigo en Faro de Vigo, 23 de novembro de 2012.
- ↑ "Lourdes Ucha será a alcaldesa de Meaño en substitución de Jorge Domínguez", artigo en La Voz de Galicia, 22 de novembro de 2012.
- ↑ Lourdes Ucha recibe el "bastón" de Domínguez gracias al voto exclusivo de los 9 ediles del PP