Luís Bouza-Brey Trillo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de agosto de 1905 Vilagarcía de Arousa, España |
Morte | 23 de marzo de 1980 (74 anos) Vilagarcía de Arousa, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | avogado, escritor, político |
Partido político | Partido Galeguista |
Familia | |
Fillos | Luís Bouza-Brey Villar, Gonzalo Bouza-Brey |
Pai | Luís Bouza Trillo |
Irmáns | Fermín Bouza-Brey |
Luís Bouza-Brey Trillo, nado en Vilagarcía de Arousa o 1 de agosto de 1905 e finado no mesmo concello o 23 de marzo de 1980[1], foi un avogado, escritor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Luís Bouza Trillo e irmán de Fermín Bouza-Brey. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, rematando en 1928. Colaborou en El Pueblo Gallego. Integrouse no Partido Galeguista e foi un dos dirixentes do grupo de Vilagarcía.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión o 21 de xaneiro de 1937 con outros republicanos de Vilagarcía, foi absolto, pero cunha proposta de sanción económica.[2] Houbo de repetirse o consello de guerra por "omisión dun dos trámites".[3] Estivo preso na Illa de San Simón.
Exerceu a avogacía en Vilagarcía. Colaborou en La Noche e foi académico correspondente da Real Academia Galega desde 1964.
Obras
[editar | editar a fonte]- Obra completa, Sada: Do Castro, 2002.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Celia Villar Padín e foi pai de Luís, Carlos e Gonzalo Bouza-Brey Villar.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 25-3-1980, p. 61.
- ↑ El Diario de Pontevedra, 22-1-1937, p. 2.
- ↑ El Diario de Pontevedra, 1-2-1937, p.2.