Luís Bouza-Brey Villar
Nome orixinal | (es) Luis Bouza-Brey ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1945 ![]() Vilagarcía de Arousa, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Barcelona ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político, profesor universitario ![]() |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela Universidade de Barcelona ![]() |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía ![]() |
Familia | |
Pai | Luís Bouza-Brey Trillo ![]() |
Irmáns | Gonzalo Bouza-Brey ![]() |
Sitio web | lbouza.net ![]() |
Luís Bouza-Brey Villar, nado en Vilagarcía de Arousa en 1945, é un político galego.
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Licenciado en dereito na Universidade de Santiago de Compostela, comezou dando clases nesta facultade, pero en 1970 trasladouse a Barcelona, á facultade de Ciencias Políticas da Universidade de Barcelona.
Traxectoria política
[editar | editar a fonte]Iniciouse na militancia política no PSG da clandestinidade. Ao marchar para Cataluña incorporouse á Convergència Socialista, que despois se integraría no PSC, onde militaría ata 1986.
En 2006, Luís Bouza-Brey participou do proceso fundacional de Ciutadans de Catalunya, e en xuño de 2007 encabezou unha candidatura alternativa á presidencia desta formación, que ostentaba Albert Rivera, e que saíu derrotada. Como consecuencia diso, abandonou o partido e integrouse en Unión, Progreso y Democracia. Encabezou o comité electoral de Barcelona desta formación, pero dimitiu en decembro de 2007.
Familia
[editar | editar a fonte]É fillo de Luís Bouza-Brey Trillo, sobriño de Fermín Bouza Brey e irmán de Gonzalo Bouza-Brey.