Luis Martul Tobío
Aparencia
(Redirección desde «Luís Martul Tobío»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de marzo de 1949 (75 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura española |
Ocupación | hispanista , profesor universitario , especialista en literatura , estudoso da literatura |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Kathleen March |
Pais | Pedro Martul Rey e María Tobío |
Luis Martul Tobío, nado en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1949, é un profesor e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Pedro Martul Rey e María Tobío. Doutor pola Universidade Complutense de Madrid coa tese La novela del mundo guaraní estructuras histórico-sociales dirixida por Benito Varela Jácome (1980). Profesor titular de Filoloxía Española e profesor de Literatura Hispanoamericana da Universidade de Santiago de Compostela. Foi fundador da editorial Noitarenga con Emilio Araúxo en 1995.
Obras
[editar | editar a fonte]- La novela del mundo guaraní. Estructuras económico-sociales, 1985.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Buffalo con Kathleen March o 19 de abril de 1979, é pai de Kimberleigh Adriana Martul-March.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.