Luís Pérez Barral
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de maio de 1990 (34 anos) Ribeira, España |
Alcalde de Ribeira | |
xuño de 2023 – ← Manuel Ruiz Rivas | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político, filólogo |
Sitio web | luisperezbarral.com |
Luis Pérez Barral, nado en Ribeira o 7 de maio de 1990, é un político galego do BNG, alcalde de Ribeira dende 2023.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Compatibilizou os estudos co emprego de camareiro. Grao en Lingua e Literatura Galegas (2017) con Mínor de Lingüística Xeral. Traballou nunha tenda de telefonía e na Mesa pola Normalización Lingüística, onde dirixiu algunhas campañas. Dirixiu o Servizo de Normalización Lingüística de Outes a partir de 2018. Militante do BNG dende 2009, presentouse na candidadura do BNG de Ribeira nas eleccións municipais de 2011 e aínda que non foi elixido concelleiro entrou na corporación en 2012. Foi responsable de Política Institucional de Galiza Nova (2012-2016). Foi responsable comarcal do BNG en Barbanza e membro do Consello Nacional do BNG. Volveu ser elixido concelleiro en 2015 e 2019. Nas municipais de 2023 encabezou a candidatura do BNG e alcanzou un acordo de goberno co PBBI e o PSdeG-PSOE polo cal foi elixido alcalde[1].
Predecesor: Manuel Ruiz Rivas |
Alcalde de Ribeira 2023 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Luis Pérez Barral
- Ronsel do Nordés, bitácora de Luís Pérez Barral