Saltar ao contido

Manuel Ruiz Rivas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Ruiz Rivas

(2011) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de novembro de 1957 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Ribeira, España Editar o valor en Wikidata
Senador de España
2023 –
Alcalde de Ribeira
2011 – 2023
← José Luis Torres ColomerLuís Pérez Barral → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Ribeira Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Manuel Santos Ruiz Rivas, nado en Ribeira o 4 de novembro de 1957, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É licenciado en Dereito. Exerceu a avogacía como procurador dos Tribunais e foi xestor de actividades deportivas. Foi cabeza de lista do CDS en Ribeira nas eleccións municipais de 1987 e foi elixido concelleiro, pactando un goberno con AP e a CPG que fixo alcalde ao aliancista Ricardo Pérez Queiruga e sendo tenente de alcalde. Dende as municipais de 1991 foi o número 2 da candidatura do PPdeG encabezado por José Luis Torres Colomer, sendo primeiro tenente de alcalde e portavoz do grupo municipal ata a súa renuncia como edil en agosto de 2006.[1] Desta forma pasou a centrarse no posto de deputado no Parlamento de Galicia que exercía dende 1993, chegando a ser o portavoz do PPdeG na cámara a partir de 2009.

Nas eleccións municipais de 2011 regresou á política municipal como novo candidato á alcaldía de Ribeira en substitución de Torres Colomer, sendo elixido alcalde ao lograr a maioría absoluta, polo que tivo que renunciar ao seu posto de deputado. Nas municipais de 2015 perdeu a maioría absoluta, pasando de 13 a 9 concelleiros, polo que foi reelixido alcalde como candidato da forza máis votada, contando coa abstención dos concelleiros de Cidadáns[2]. Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía[3] como cabeza da lista máis votada, de novo con 9 concelleiros, ó non chegar as demais forzas a un acordo. Nas municipais de 2023 encabezou de novo a candidatura do PPdeG e subiu ata os 10 concelleiros, mais non conservou a alcaldía dado que os demais grupos pactaron un goberno alternativo que fixo alcalde ó nacionalista Luís Pérez Barral. Foi candidato popular ao Senado nas eleccións xerais de España de 2023 e resultou elixido senador.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
José Luis Torres Colomer
 
Alcalde de Ribeira
 
2011 - 2023
Sucesor:
Luís Pérez Barral