Lucas Ordóñez Villavicencio
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de setembro de 1988 (36 anos) Provincia de San Juan, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | Hóckey |
Deporte | hóckey sobre xeo |
Lucas Ordóñez Villavicencio, nado o 21 de setembro de 1988 en San Juan (Arxentina), é un xogador arxentino de hóckey a patíns que xoga na demarcación de dianteiro. Dende a tempada 2012-13 xoga no HC Liceo da Coruña.
Ao longo da súa carreira deportiva vestiu a camiseta de moitos equipos, tanto na Arxentina como en Europa: UVT, o Banco Hispano e o Estudiantil da liga arxentina; o Cerdanyola e o Tenerife na súa primeira etapa na OK Liga; o Follonica na liga italiana; e o Vic na súa segunda etapa na OK Liga antes de chegar ao equipo herculino.
É tamén un fixo na selección arxentina, coa que se proclamou campión da Copa América en 2008.
Palmarés
[editar | editar a fonte]CDU Estudiantil
[editar | editar a fonte]- Campionato arxentino
AP Follonica
[editar | editar a fonte]CP Vic
[editar | editar a fonte]- Supercopa de España (2010)
HC Liceo
[editar | editar a fonte]- 1 Copa Continental: 2012
- 1 Copa Intercontinental: 2012
- 1 OK Liga: 2013
Selección arxentina
[editar | editar a fonte]- 1 Copa América (2008)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |