A 44ª edición da Liga española de hóckey a patíns, denominada OK Liga iniciouse o 5 de outubro de 2012 e finalizou o 15 de xuño de 2013 coa disputa da última xornada. Os equipos ascendidos foron o C.H. Lloret (campión), CH Sant Feliu (subcampión) e o Lleida Llista Blava (finalizou a liga na 4ª posición, mais debido aos problemas económicos do GEiEG pasou a ocupar praza que lle correspondería como terceiro clasificado. O campión desta edición da liga foi o HC Liceo da Coruña, que conseguiu o seu 7º título de liga despois de 20 anos.
Ao finalizar a tempada, o equipo máis goleador foi o Coinasa Liceo con 160 goles, mentres que o menos goleador foi o Enrile PAS Alcoi con 70 goles. O equipo menos goleado foi o Barcelona Sorli Discau con 59 goles encaixados, mentres que o Enrile PAS Alcoi foi o equipo máis goleado da competición con 155. Raul Pelicano Plaza (C.H. Lloret) foi o "pichichi" con 44 goles.
Pts = Puntos totais PX = Partidos xogados PG = Partidos gañados PE = Partidos empatados PP = Partidos perdidos
GF = Goles a favor GC = Goles en contra DG = Diferenza de goles (GF-GC) Resaltado en verde = Equipo campión de liga. Resaltados en vermello = Equipos que descenden de categoría.