Saltar ao contido

Lucas Pardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLucas Pardo
Nome orixinalLucas Pardo Pardo
Biografía
Nacemento2003 Editar o valor en Wikidata (21/22 anos)
O Souto, España Editar o valor en Wikidata
Cargos
Portavoz nacional de Erguer - Estudantes da Galiza
Período2 de novembro do 2024 – 
Datos persoais
ResidenciaSantiago de Compostela
Ideoloxía políticaSocialismo
Independentismo galego
Nacionalismo galego
Ecoloxismo
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, estudante universitario Editar o valor en Wikidata
Membro de

Lucas Pardo Pardo, nado no Souto (Vilamarín) en 2003, é un estudante universitario e militante nacionalista galego. Dende novembro do 2024 ocupa o cargo de portavoz nacional de Erguer - Estudantes da Galiza.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fixo bachatelato no IES García Barbón de Verín. Dende o 2021 é estudante de Historia na Universidade de Santiago de Compostela.

Tras ser responsable da zona de Santiago de Compostela en Erguer - Estudantes da Galiza, Lucas foi elixido portavoz nacional de Erguer durante a V asemblea nacional, substituíndo a Artai Gavilanes como líder da organización.

Así mesmo, forma parte da dirección da UMG (a organización xuvenil da Unión do Povo Galego)

Aparición televisiva

[editar | editar a fonte]

Durante a realización da campaña de vivenda dos Estudantes de Galiza de comezo do curso 2024-25, foi invitado ao programa televisivo de TVE 59 segundos, onde compartiu espazo con figuras políticas do estado español coma Pablo Iglesias ou Celia Villalobos, onde defendeu o dereito á vivenda e a necesidade de mobilización social. [2]

  1. A. Escuredo (2024-11-04). "Lucas Pardo, novo responsábel de Erguer: "O problema da vivenda limita o acceso ao ensino superior"". Nós Diario. Consultado o 2024-12-15. 
  2. Pereiras, Valeria (2024-10-02). "Así ha sido la intervención del responsable de Erguer Compostela en '59 segundos' sobre el problema de la vivienda". El Correo Gallego (en castelán). Consultado o 2024-12-15.