Luciano Rey Sánchez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xaneiro de 1873 Arzúa, España |
Morte | 11 de xullo de 1941 (68 anos) A Portela, España |
Actividade | |
Ocupación | notario, escritor |
Familia | |
Irmáns | Emilio Rey Sánchez |
Luciano Rey Sánchez, nado na vila de Arzúa o 1 de xaneiro de 1873 e finado na Portela o 11 de xullo de 1941, foi un notario e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Cayetano Rey García, que foi alcalde de Arzúa, e Elvira Sánchez Somoza. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Aprobou a oposición para notario e exerceu en Bretoña (1905-1908), Barreiros (1908-1915), Monterroso e Guadalaxara (dende 1929).[1] Publicou o libro España, patria infalible de Cristobal Colón. Refutación de las pruebas genovistas del escritor D. Luis Astrana Marín (1941). Finou na Portela o 11 de xullo de 1941.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Santiago de Compostela con Rosa Seijas Poch en maio de 1912,[3] e foi pai de José María Rey Seijas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rey Sánchez, Luciano (notario)
- ↑ El Compostelano, 12-7-1941, p. 2, 3.
- ↑ Diario de Galicia, 31-5-1912, p. 3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cascón Rodríguez, Armando F. (2005). Arzúa na memoria. Espello histórico dunha terra. Deputación da Coruña. p. 199. ISBN 84-9812-018-7.