Lucio Tarquinio Prisco
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (la) L.Tarquinius Priscus ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século VII a. C. ![]() Tarquinia, Italia (en) ![]() ![]() |
Morte | 578 a. C. ![]() Roma, Italia ![]() |
![]() | |
616 a. C. – 578 a. C. ← Anco Marcio – Servio Tulio → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político da Roma antiga ![]() |
Período de tempo | Primeiro Reino Romano e Segundo Reino Romano ![]() |
Familia | |
Familia | Dinastía Tarquinia ![]() |
Cónxuxe | Tanaquil ![]() |
Fillos | Tarquinia the Elder, Lucio Tarquinio o Soberbio, Gnaeus Tarquinius, Arruns Tarquinius, Tarquinia the Younger, Tarquinia ![]() |
Pais | Demarato de Corinto ![]() ![]() |
Irmáns | Arruns Tarquinius ![]() |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft, (sec:Tarquinius 6) ![]() |
![]() |
Reis de Roma | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Rei | Período de reinado | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Rómulo | 753 a. C. - 716 a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Numa Pompilio | 715 a. C. - 674 a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tulio Hostilio | 673 a. C. - 642 a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Anco Marcio | 642 a. C. - 617 a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tarquinio Prisco | 616 a. C. - 579 a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Servio Tulio | 578 a. C. - 535 a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tarquinio o Soberbio | 535 a. C. - 510 a. C. |
Lucio Tarquinio Prisco foi o quinto rei de Roma, e o primeiro de orixe etrusca, presumibelmente de ascendencia corintia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tras emigrar a Roma, obtivo o favor de Anco Marcio, quen o adoptou como o seu fillo. Ao ascender ao trono, librou varias guerras contra sabinos e etruscos, dobrando así o tamaño de Roma e obtendo grandes tesouros para a cidade.
Unha das súas primeiras reformas foi engadir 100 novos membros ao Senado procedentes das tribos etruscas conquistadas, polo que o número de senadores ascendeu a un total de 300. Utilizou o gran botín obtido nas súas campañas militares para construír grandes monumentos en Roma. Entre estas obras destaca o gran sistema de sumidoiros da cidade, a Cloaca Máxima, cuxo fin foi drenar as augas que adoitaban estancarse nos vales situados entre os outeiros de Roma. No lugar das antigas marismas, Prisco iniciou a construción do Foro Romano. Outra das innovacións do rei foi a creación dos Xogos Romanos.
O máis célebre dos seus proxectos de construción foi o Circo Máximo, un grande estadio que albergaba carreiras de cabalos, que é ata a data o meirande de todos os erixidos no mundo. Prisco continuou o Circo Máximo coa construción dun templo-fortaleza sobre o outeiro do Capitolio, consagrado ao deus Xúpiter. Desafortunadamente, foi asasinado tras 38 anos de reinado polos fillos do seu predecesor, Anco Marcio, antes mesmo de que o templo estivese rematado. O seu reinado é recordado ademais por introducir os símbolos militares romanos e os cargos civís, así como pola celebración do primeiro triunfo.