Servio Tulio
Nome orixinal | (la) Ser.Tullius |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século VI a. C. Roma, Italia |
Morte | 535 a. C. Roma, Italia |
Causa da morte | homicidio |
Rei de Roma (pt) | |
578 a. C. – 534 a. C. ← Lucio Tarquinio Prisco – Lucio Tarquinio o Soberbio → | |
Actividade | |
Ocupación | político da Roma antiga |
Período de tempo | Segundo Reino Romano |
Familia | |
Cónxuxe | Tarquinia the Elder Gegania |
Fillos | Tullia Major () Tarquinia the Elder Tullia Minor () Tarquinia the Elder |
Pais | Tullius e Ocrisia |
Descrito pola fonte | Enciclopedia soviética armenia Dictionnaire infernal (6ª edición) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Reis de Roma | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Rei | Período de reinado | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Rómulo | -753 --716 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Numa Pompilio | -715--674 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tulio Hostilio | -673--642 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Anco Marcio | -642--617 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tarquinio Prisco | -616--579 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Servio Tulio | -578--535 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tarquinio o Soberbio | -535--510 |
Tras a morte de Prisco, o seu xenro Servio Tulio sucedeuno no trono, sendo o segundo rei de orixe etrusca que gobernaba Roma. Coma o seu sogro anteriormente, Servio librou varias guerras vitoriosas contra os etruscos. Utilizou o botín obtido nas súas campañas para erixir as primeiras murallas que cercaran os sete outeiros romanos sobre o pomerium, os chamados muros servianos. Tamén realizou cambios na organización do exército romano.
Acadou sona por desenvolver unha nova constitución para os romanos, con maior atención ás clases cidadás. Instituíu o primeiro censo da historia, dividindo as xentes de Roma en cinco clases económicas, creando ademais a Asemblea centuriada. Utilizou asemade o censo para dividir a cidade en catro tribos urbanas, baseadas na súa localización espacial dentro da cidade, establecendo a Asemblea tribal. O seu reinado tamén destacou pola edificación do templo de Diana no outeiro do Aventino.
As reformas de Servio supuxeron un gran cambio na vida romana: o dereito a voto foi establecido en base á riqueza económica, polo cal gran parte do poder político ficou reservado ás elites romanas. Así a todo, co tempo Servio favoreceu gradualmente ás clases máis desfavorecidas, para obter desta forma un maior apoio de entre os plebeos, polo que o seu mandato pode definirse como insatisfactoria para a clase patricia. O longo reinado de 44 anos de Servio Tulio finalizou co seu asasinato nunha conspiración urdida pola súa propia filla Tulia e o seu marido Tarquinio, o seu sucesor no trono.