Lugar xeométrico
Aparencia
Un lugar xeométrico é un conxunto de puntos que cumpren determinadas propiedades xeométricas.
No plano
[editar | editar a fonte]- A mediatriz é o lugar xeométrico dos puntos que equidistan a dos puntos fixos e (os dous extremos dun segmento de recta, por exemplo). É unha recta.
- A bisectriz é o lugar xeométrico dos puntos que equidistan ás dúas rectas que forman un ángulo, que o divide pola metade e pasa polo vértice (punto onde se cortan ditas rectas).
- A paralela media é o lugar xeométrico dos puntos que equidistan a dúas rectas paralelas, sendo un caso de bisectriz dun ángulo nulo.
- O arco capaz é o lugar xeométrico dos puntos cos que, desde un segmento AB, se forma o mesmo ángulo, no arco capaz.
- A circunferencia é o lugar xeométrico dos puntos que equidistan dun punto determinado, o centro, sendo a distancia o valor do raio.
- A elipse é o lugar xeométrico dos puntos tales que a suma da súa distancia a dous puntos fixos, os focos, é unha constante, equivalente á lonxitude do semieixe maior da elipse.
- A parábola é o lugar xeométrico dos puntos cunha distancia a un foco equivalente á súa distancia a unha recta chamada directriz.
- A hipérbole é o lugar xeométrico dos puntos tales que o valor absoluto da diferenza entre as súas distancias a dous puntos fixos, os focos, é igual a unha constante (positiva), que equivale á distancia entre os vértices.
No espazo
[editar | editar a fonte]Hai figuras xeométricas moi complexas que poden ser descritas mediante o lugar xeométrico xerado polos ceros dunha función ou dun polinomio. En xeral, os lugares xeométricos xerados polos ceros do conxunto de polinomios reciben o nome de variedade alxébrica, e as propiedades de ditas variedades estúdanse na xeometría alxébrica.
Por exemplo, as cuádricas están definidas como o lugar xeométrico dos ceros de polinomios cuadráticos. Exemplos de cuádricas son a esfera, o elipsoide, o paraboloide, o hiperboloide, o cilindro ou o cono.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]