Luis Collarte Rodríguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de xaneiro de 1960 Ourense, España |
Morte | 17 de outubro de 2022 (62 anos) |
Educación | Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto |
Luis Collarte Rodríguez, nado en Ourense o 4 de xaneiro de 1960 e finado o 17 de outubro de 2022[1], foi un arquitecto galego.
Biografía
[editar | editar a fonte]Obtivo o título de arquitecto na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña en 1986. Dende aquela compaxinou o seu labor como arquitecto coa de relator en charlas e conferencias en foros especializados como a Asociación de Empresarios da Pedra en Frankfurt ou o Colexio de Arquitectos de Galiza.
Antes de concluír os seus estudos universitarios xa fundara o seu primeiro estudo con outros compañeiros, labor que compatibiliza nunha empresa familiar adicada ao sector da pedra natural e que o sitúa como referente na evolución dos seus sistemas de colocación na arquitectura actual. Froito desta etapa son as colaboracións con grandes figuras da arquitectura nacional e internacional, como as obras realizadas con Arata Isozaki[2] (Domus - Casa do Home e Sizhuoka Kenmin Plaza), con Manuel Gallego Jorreto (Museo de Belas Artes da Coruña e o Hospital de Oza), todas elas premiadas a nivel nacional e internacional.
En 1993 foi nomeado Presidente da Asociación de Graniteiros de Ourense polo seu traballo de investigación e emprego en torno aos materiais naturais, mentres que en 1996 foi convidado polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) a participar como membro na I Mesa Galega do Granito e a Pizarra.
Estilo
[editar | editar a fonte]As súas obras manifestan de xeito claro unha etapa da realidade da arquitectura de toda unha xeración, á que aporta a súa constante preocupación polo avance dos sistemas de coordinación e montaxe, nos procedementos construtivos e na necesidade de evolucionar a un novo xeito de construír, que abandone a forza da presión e que sexa presidido polo control xeométrico e o coñecemento preciso das necesidades da obra.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ten desenvolvido unha intensa actividade profesional, que nos seus últimos anos se orientou decididamente a manter unha forte presenza en concursos de arquitectura en diversos países, aínda que con maior intensidade no norte de España, nas zonas próximas ao seu estudio central na cidade da Coruña.
Como resultado deste labor concursal recibiu numerosos premios,[4] e tivo a ocasión de construír edificacións de tipoloxías diversas, entre as que cómpre salientar diversos edificios públicos, centros culturais, pazos de Exposicións, hoteis e centros comerciais. Merece especial mención a adicación que mantivo cara ao sector da vivenda social, participando en numerosas convocatorias de concursos de entidades de promoción pública como a Empresa Municipal de La Vivienda de Madrid, o Instituto de la Vivienda de la Comunidad de Madrid e o Instituto Galego de Vivienda e Solo.
Obras representativas
[editar | editar a fonte]A súa obra pode dividirse en tres grandes etapas:
1986-1996
[editar | editar a fonte]Durante esta década compartiu as tarefas de arquitecto coas de director técnico de sociedades adicadas á explotación de canteiras de rocha ornamental, transformación e execución de obras de pedra natural. Entre os seus traballos máis representativos atopamos:
- Hospital Materno Infantil e Hemodonación, Santiago de Compostela (1988)
- Edificio Área Central, Santiago de Compostela (1990)
- Domus, A Coruña (1995). Colaboración con Arata Isozaki
- Rehabilitación do Hospital Abente y Lago, A Coruña (1996)
- Polideportivo Colexio Calasanz, A Coruña (1996)
1996-2008
[editar | editar a fonte]Nesta época abandona todo tipo de actividades relacionadas co mundo da empresa e a industria para centrarse no traballo do estudio. As obras máis salientables deste período son:
- Centro de Investigacións da Universidade de Santiago de Compostela (1997). Colaboración con Manuel Gallego Jorreto
- Instituto de ensinanza secundaria, Vimianzo (A Coruña. 1997)
- Urbanización Mira, Laxe (A Coruña. 1997)
- Viviendas unifamiliares, Las Rosas (Madrid. 1998)
- Pazo da Cultura, Carballo (A Coruña. 1998)
- Centro cívico, Malpica de Bergantiños (A Coruña. 1998)
- Shizuoka Convention & Arts Center, Shizuoka – Xapón – (1999). Colaboración con Arata Isozaki
- Rehabilitación Parador Hostal Reyes Católicos, Santiago de Compostela (1999)
- Rehabilitación Escola Hostalaría Parador San Marcos, León (1999)
- Central General Instalaciones Parador San Marcos, León (1999)
- Rehabilitación Parador Nacional de Turismo, El Hierro (Santa Cruz de Tenerife. 1999)
- Construcións industriais Parque Tecnolóxico San Cibrao das Viñas, Ourense (1999)
- Edificio de vivendas, garaxes e locais comerciais, O Carballiño (Ourense, 2000)
- Climatización Parador San Marcos, León (2000)
- Hospital da Raíña, Portugal (2000). Colaboración con GITAP
- Centro de Saúde, Betanzos (A Coruña, 2001)
- Escola Artes Aplicadas e Saúde, Castelo Branco (Portugal, 2001)
- Restauración Mosteiro de Santa María de Aciveiro, Forcarei (Pontevedra, 2001)
- Centro de Atención a persoas maiores, A Guarda (Pontevedra, 2002)
- Edificio usos múltiples, Lalín (Pontevedra, 2002)
- Ampliación do Auditorio e Conservatorio, Lalín (Pontevedra, 2002)
- Estadio Algarve, Faro-Loule (Portugal, 2003). Colaboración con GITAP, Eurocopa 2004
- Pazo de Deportes da Comunidade de Madrid (2005). Colaboración con Enrique Hermoso Lera e Paloma Huidobro de la Torre
- Aparcadoiro-Urbanización antiga Fábrica Tabacos, A Coruña (2006)
2008 – 2022
[editar | editar a fonte]Nesta época diminuíu o número de obras a cambio dunha maior envergadura dos seus proxectos:
- Recinto feiral EXPOCoruña,[5][6] A Coruña (2008)
- Centro de Formación, A Coruña (2008)
- Hotel Ourense****, Ourense (2010)
- Reforma Parador de Turismo de Santo Estevo, Ourense (2010)
- Proposta de Desenvolvemento para a Ordenación Urbanística do Peirao do Parrote, A Coruña (2010)
- Concurso de Ideas para a construción do módulo de Fachada baseado no Emprego de Granito, Porriño (Pontevedra. 2010)
- Observatorio de Forcarei, Pontevedra (2010)
- Parador Nacional,[7] Cádiz (2012)[8]
Premios
[editar | editar a fonte]- Parcela de 220 uds. VPO en Vallecas-Madrid. 2º Premio (EMV Ayto. de Madrid. 2004)
- Ordenación da Mariña - A Coruña. 2º Premio Ex –aequo (Concello da Coruña- Autoridade Portuaria da Coruña. 2007)
- Centro de Supercomputación de Galicia en Santiago de Compostela 2º Premio (COAG- Cesga. 2008)
- Edificio Xudicial en Ourense. Accésit (COAG-Presidencia Xunta. 2009)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fallece el arquitecto Luis Collarte, autor de las reformas de la Marina y Tabacos y el edificio de ExpoCoruña". La Opinión de A Coruñaautor=Enrique Carballo (en castelán). 18 de outubro de 2022.
- ↑ La Voz de Galicia
- ↑ "Entrevista Xornal". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2010. Consultado o 03 de abril de 2012.
- ↑ "Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galiza". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 03 de abril de 2012.
- ↑ "Premian el recinto ExpoCoruña por su gran "funcionalidad", El Correo Gallego". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 03 de abril de 2012.
- ↑ Expocoruña recibe un premio como mejor proyecto urbanístico, La Opinión A Coruña
- ↑ Diario de Cádiz
- ↑ Así es el Parador de Cádiz en el que se alojan el Rey y Mariano Rajoy
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- «Tenemos que ponernos las pilas para terminar el Parador en 2012»
- Un hotel abierto a la ciudad
- Un amplio espacio comercial diseñado por el arquitecto Luis Collarte
- Proyecto del arquitecto Luis Collarte para las galerías de A Coruña
- Cuenta atrás para el nuevo Parador
- "Se está cumpliendo escrupulosamente con los plazos establecidos para el Parador"
- "Cualquier arquitecto firmaría en blanco por hacer este Parador"
- Asociación de Graniteiros de Ourense