Luis Lucia
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (es) Luis Lucia Lucia ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 17 de outubro de 1888 ![]() Les Coves de Vinromà, España ![]() |
Morte | 5 de xaneiro de 1943 ![]() Valencia, España ![]() |
Lugar de sepultura | Cemiterio Xeral de Valencia ![]() |
![]() | |
26 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939 Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Valencia (capital) (en) ![]() | |
![]() | |
6 de maio de 1935 – 14 de decembro de 1935 ← César Jalón Aragón (pt) ![]() | |
![]() | |
30 de novembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936 Lexislatura: II lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Valencia (capital) (en) ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Valencia ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid ![]() |
Ocupación | político, avogado, xornalista, ministro ![]() |
Partido político | Derecha Regional Valenciana (en) ![]() ![]() |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | Luis Lucia Mingarro ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Luis Lucia Lucia, nado en Les Coves de Vinromà (provincia de Castelló) o 17 de outubro de 1888 e finado en Valencia o 6 de xaneiro de 1943, foi un político e xornalista valenciano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dunha familia de orixe aragonesa estudou dereito na Universidade de Valencia, onde tamén foi o xefe das xuventudes carlistas. Dirixiu o semanario El Guerrillero, e en 1911 formou parte da primeira redacción do Diario de Valencia, órgano oficial da Comunión Tradicionalista no País Valenciano. Cando en 1919 se produciu a escisión de Vázquez de Mella, Lucia aproximouse aos movementos políticos próximos á democracia cristiá e en 1930, ao caer a ditadura de Miguel Primo de Rivera, foi un dos fundadores da Derecha Regional Valenciana, converténdose no seu principal líder e ideólogo, deputado a Cortes por Valencia nas eleccións de 1933 e 1936, con José María Gil-Robles foi un dos dirixentes da CEDA de ministro de Comunicacións nos gobernos presididos por Alejandro Lerroux e Joaquín Chapaprieta en 1935. Mantívose fiel á Segunda República Española durante a Guerra Civil española, aínda así permaneceu agochado no Maestrazgo ata que foi capturado por anarquistas en febreiro de 1937, permaneceu en prisións de Valencia e Barcelona ata que conseguiu escapar o 25 de xaneiro de 1939, novamente arrestado polos franquistas o 12 de febreiro, condenado a morte, sentenza conmutada por trinta anos de cadea por presións do arcebispo de Valencia e finalmente deportado ás Illas Baleares. Perdoado en 1943 morreu pouco despois de ser liberado.